O latín na universidade
Hac luce
"con esta luz, baixo esta luz",
,
O latín nos emblemas das universidades
Falamos xa na sección anterior (o latín no fútbol), do uso do latín como lingua de prestixio. Aquí recolleremos a presenza do latín nos lemas dos escudos das universidades.
E comezaremos por dúas das universidades galegas, a UDC,
Universidade da Coruña
Universidade de Kinshasa
A universidade que elexín foi a de Kinshasa (Université de Kinshasa) , que se atopa na República Democrática do Congo. Escollina para dar a coñecer agunha das universidades africanas, xa que actualmente as universidades de máis renome son americanas ou europeas, pero tamén as hai en continentes tan pobres como o africano, onde actualmente non abundan, aínda que espero que co paso dos anos si o fagan.
Scientia Splendet et Conscientia
"a ciencia brilla e tamén o fai a conciencia"
e a USC, universidade de Santiago de Compostela...
Sigillum Reg(ale) Universitat(is) Compostellan(ae)
"selo real da Universidade compostelana"
Universidade de Niágara
A universidade que escollín é a universidade de Niágara. É unha universidade privada católica fundada no 1856 ubicada no condado de Niágara (Nova York).
O seu lema é:
Ut omnes te cognoscant
"Que todos te coñezan"
Veritas Virtus
“a verdade ao poder”.
Universidade de Pittsburgh
* Imaxe da Wikipedia
Universidade de Harvard
A miña elexida é a coñecida universidade de Harvard, en Cambridge. O seu lema está en latin e é :
Veritas
"verdade, realidade"
Universidade de Copenhague
A universidade que elixín foi a de Copenhague, en Dinamarca. O seu lema é:
*Imaxe da wikipedia
Coelestem adspicit lucem
"Mirando á luz celestial"
Vniversitas Complvtensis Matritensis
A universidade que escollin é a Complutense de Madrid que é unha universidade pública española.
O seu lema é
Libertas Perfundet Omnia Luce
''A liberdade ilumnina tódalas cousas coa súa luz''
Universidade de Transilvania de Brasov
A universidade que escollín é a Universidade de Transilvania de Brasov
O seu lema é :
Deo Vindici Patriae
"Deus venga a patria"
Imaxe: escudo universidade Fonte: Wikipedia
Universidade de Salamanca
A universidade que escollín foi a universidade de Salamanca, o seu lema é:
Quod natura non dat, Salmantica non præstat.
"O que a natureza non dá, Salamanca no presta".
Esta universidade encóntrase na cidade de Salamanca en Castela e León, é a universidade máis antiga que existe en España e unha das catro de Europa que segue activa. Cunha gran calidade nas súas ensinanzas, esta universidade data de 1218 e o seu fundador foi Alfonso IX de León.
Imaxe de google
Universidade de Buenos Aires
A universidade que escollin é a de Buenos Aires , na cidade de Buenos Aires. Foi inaugurada o 26 de agosto de 1821, e igual que o resto de universidades nacionais arxentinas é gratuita. Escollina por ser a mellor universidade de Arxentina.
O seu lema é:
Argentum virtus robur et studium:
"a virtude arxentina é a forza e o estudo."
*imaxe da wikipedia
Universidade de Bogotá
A miña universidade é a universidade La Gran Colombia que se encontra en Bogotá. Un dos seus valores é a de ser unha comunidade cristiana basada na verdade.
O seu lema é:
Veritas liberabit vos:
"La verdad os hará libres"
" A verdade faravos libres"
Universidade de Oxford
A universidade que elexín foi a de Oxford , unha prestixiosa universidade británica ubicada no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Escollina por ser a universidade máis antiga do mundo anglófono.
O seu lema é:
Dominus Iluminatio Mea
"O señor é a miña luz"
Universidade de Cambridge
A miña elexida é a coñecida universidade de Cambridge, en Inglaterra. O seu lema está en latín e é:
Hinc lucem et pocula sacra
"De aquí luz e bebidas sagradas"
*Imaxe da Wikipedia