In extremo
Data de publicación: Jan 29, 2014 5:20:58 PM
In Extremo é unha banda alemá de folk metal fundada no ano de 1995 na cidade de Berlín, unha das máis notorias do folk metal de Europa Central.
Omnia sol Temperat
O sol todo o amorna
A canción elixida, Omnia sol temperat, toma a súa letra dos Carmina Burana, antigos poemas medievais compostos en latín.
In extremo (preposición de ablativo in + ablativo singular de extremus-a-um, podería traducirse como "no límite" ou "no fin" (máis información na wikipedia)
É famosa polas súas traballadas presentacións en vivo, polo seu estilo festivo e a gran variedade de dialectos e idiomas traballados nas súas letras, moitos deles idiomas antigos ou medievais, entre eles o latín.
Omnia Sol temperat
purus et subtilis;
novo mundo reserat
facies Aprilis,
ad amorem properat
animus herilis,
et iocundis imperat
deus puerilis.
Rerum tanta novitas
in sollemni Vere
et Veris auctoritas
iubet nos gaudere;
vias praebet solitas;
et in tuo Vere
fides est et probitas
tuum retinere.
Ama me fideliter!
fidem meam nota;
de corde totaliter
et ex mente tota
sum praesentialiter
absens in remota.
Quisquis amat taliter,
volvitur in rota.
O sol todo o amorna,
puro e subtil,
mostrando de novo ó mundo
a cara de Abril;
prepárase para Amor
o corazón dos homes
e alegre impera,
o deus xuvenil.
Tantas novidades
na solemne primavera
e o seu esplendor
nos alegran;
móstranos camiños coñecidos,
e na túa xuventude
sé fiel e honrado,
garda o teu amor.
Ámame fielmente!
Coñece a miña fidelidade:
con todo o meu corazón
e con toda a miña mente
estou cabo de ti,
aínda que esteamos lonxe.
Quen así ama,
xira na rolda.