Faun
Data de publicación: Feb 17, 2014 9:45:16 PM
Faun é unha banda alemá de folk pagán, darkwave e música medieval fundada no ano 2002.
É famosa pola orixinalidade nas letras das súas cancións, as cales están escritas nunha gran variedade de idiomas, como o inglés, o latín, o grego, o alemán, o feroés, o castelán ou o galaico-portugés, entre outros.
O seu nome, Faun, provén da mitoloxía grecorromana, facendo alusión á divinidade Fauno (ou Pan, en grego), a cal era descrita como un espírito do bosque, o que expresa a conexión e o vínculo da banda ca natureza.
Pódese atopar máis información desta banda na Wikipedia: Faun
Par Veneris
Faune nympharum fungientum amator
Ecce chorus virginum
tempore vernali
dum soli incendium
radios æquali
In hæc valle florida
floreus flagratus
inter septa lilia
locus purpuratus
Sueriat lenis arundoris
Narrat fabulæ lux oritur:
In fortune solio
sederam elatus
prosperitatis vario
flore coronatus
Quiequid enim florui
Felix et Beatus
nunc a summa corrui
gloria privatus
Igual a Venus
Fauno amante das ninfas que escapan
Velaquí o coro de virxes
na primaveira
cando o lume do sol
brilla igual.
En este val florido
as flores resplandecen
entre recintos de lirios
un lugar púrpura.
Sopra suavemente no seu instrumento
Conta unha fábula da luz que se alza:
No trono da fortuna
sentábame elevado
coroado coas variadas
flores da prosperidade.
Pois aínda que florecín
feliz e afortunado
agora cain dende a cima
privado de gloria.