Evolución fonética
Aproximadamente un 80% do léxico do galego e castelán procede do latín, pero non todas as palabras latinas se introduciron nestas linguas ao mesmo tempo nin da mesma maneira. Distinguimos entre:
Palabras patrimoniais (as máis vellas, con más cambios)
Palabras cultas ou cultismos (as máis novas, menos cambios)
Latinismos: Palabras, sintagmas ou expresións tomadas directamente do latín sen cambio ningún.
Palabras patrimoniais
Aportadas polo latín vulgar xa dende a etapa da formación das linguas romances. Experimentaron cambios considerables ao longo dos seus moitos séculos de historia.
Son palabras vellas, desgastadas, transformadas polo uso. Estes cambios réxense por unha serie de normas de evolución fonética. Son o grupo máis numeroso e máis antigo das palabras das diversas linguas romances.
Exemplos: pedra, sete, chave, moito, noite...
Palabras cultas
Proceden do latín culto ou literario. Son palabras novas. Entraron máis tarde cas patrimoniais, nun momento no que as linguas xa estaban formadas. Sufriron moi poucos cambios con respecto ao latín. Cubren as necesidades da literatura, ciencia, filosofía: novas palabras para novos conceptos.
Exemplos: pétreo, septuplicar, clave, multitude, noctámbulo...
Cultismos e semicultismos
Os cultismos entraron nas linguas romances sen interrupción Moitos no Renacemento e Neoclasicismo. Hoxe en día tamén: neoloxismos (vídeo, retevisión, internauta, etc.)
Semicultismos: a medio camiño entre patrimoniais e cultas. Máis recentes que as primeiras e máis vellas que as segundas. Vense afectadas só en parte polos cambios fonéticos Non finalizaron aínda a súa evolución
Exemplo: latín regulam > rella (patrimonial) regra (semicult.) regular (culta)
As linguas non romances tamén recorren ao latín para formar cultismos. No caso do Inglés: honesty, equation, manuscript, library, derivation...