Traballos-pendentes

La web de français. IES Illa de Sarón‎ > ‎Música 3 17-18‎ > ‎

Traballo sobre acústica.

Instrucións:

Formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:

Nome-apelido1-Nome-apelido2.pdf

Escribe o traballo en galego ou en castelá, pero non mestures ambos.

Escribe coas túas palabras pero podes usar texto sacado directamente dende Internet tes indicando nunha nota ó pé a fonte enlazada ó texo.

Inserta algunha imaxe para facer o traballo máis visual.

Consellos:

Segue os enlaces, busca a información que necesites.

Fai un esquema no caderno, pode axudarte antes de empezar.

Unha vez comprendida e analizada a información comezade a escribir o traballo.

Prazo entrega:

Primeiro trimestre

Contidos obrigatorios:

Que é a acústica? Busca unha definición en Internet.

Que é unha onda periódica. Como as observamos?

Onda senoidal, cadrada, triangular. Que son? Que teñen que ver co mundo da música electrónica?

Cal é o espectro audible no ser humano. (Frecuencia máis grave e máis aguda)

Que é un decibelio. Para que sirve. (Mira o vídeo enlazado na páxina web)

Cando se considera un son como prexudicial para a nosa saúde. (Ler documento adxunto)

Que sistemas podemos usar para protexer a nosa audición (Ler documento adxunto)

Docuemento adxunto.

Efectos de sonido:

Que é un ecualizador. Para que sirve.

Que é a reverberación, o eco e o chorus? Investiga que son e explica coas túas palabras.

Que e un compresor . Que é a "guerra do volume"? Mira os enlaces na páxina web.

Truco: Quizá axude descargar os arquivos mp3 (con botón dereito e descargar como) e visualizar en Audacity.

Outros enlaces do traballo sobre acústica:

Cómo entender cualquier vibración (vídeo), Qué es el sonido (vídeo antiguo) , Qué es un decibelio (a/d), Generador de funciones, Vibración das cordas dunha guitarra española (video iphone), Audio tests (Sonidos de prueba), Guerra del volumen, Guerra del volumen (vídeo Metallica) Docuemento adxunto.

Avaliación:

A nota do traballo terá en conta a cantidade e calidade dos contidos, o feito de seguir as instrucións e ter boa actitude na clase.

É necesario que ambos membros do grupo traballen xa que a nota é a mesma para os dous.

Non traballar na clase será penalizado na parte da actitude.

Dúbidas:

Consulta co teu profesor as dúbidas que poidas ter.