Pdf con todas as notas da guitarra, tamén serve para o baixo, as catro cordas máis graves da guitarra son as mesmas cas do baixo.
Guía de acordes para guitarra y piano.
Traballo música - Semana 14 ó 17 abril.
O traballo para esta semana:
Tarefa 1: Construir unha canción con loops de audio.
Mira o vídeo-titorial que fixo o teu profesor (enviado por correo electrónico), Instala o DAW (Digital Audio Workstation), configura os drivers Asio, descarga os loops de audio da nube no cartafol "09-LOOPS-AUDIO-para compoñer". Verás que hai fragmentos tocados (loops) con diferentes instrumentos e acordes para que poidas facer a túa canción, é tan sinxelo como arrastralos ó DAW.
Cando termines a canción sube o teu resultado exportado en formato mp3 á nube no cartafol 11-Temazo Loops. Inclúe o teu nome no nome de arquivo. Exemplo: Alberto-Temazo-Loops.mp3
Tarefa 2: Decidir e elexir un tema para gravar entre todos na casa.
Tedes que poñervos de acordo - se queredes - para facer unha canción entre todos na casa utilizando unha claqueta ou unha base e a cámara do móbil. Enviade un correo o profesor cando seibades se queredes facer a canción e que canción facer.
Traballo música (perido cuarentena marzo 2020)
Irei actualizando períodicamente a páxina, indicaréi aquí as modificacións:
Actualizado 18/03 Engadidos acordes e instruccións, modificado un acorde.
Engadidos os sons para a primeira sucesión de acordes a 120 bpm e a 100 bpm na nube.
20/03 Engadidos os sons para a segunda sucesión de acordes a 120bpm na nube.
22/03 Engadidos os sons para a terceria (90bpm) e cuarta (120bpm) sucesión de acordes
23/03 Ampliado o prazo de presentación do documento da avaliación.
Vete á nube e cubre o documento de avaliación. Descarga o arquivo .odt cúbreo e envíalo antes do luns 30 de marzo.
O funcionamento dun DAW. Digital Audio Workstation.
Mira estos vídeos de Jaime Altozano para entender como se pode facer un pequeno estudio caseiro:
(Xa está na nube)
Curiosidades: Calquer auricular (cascos) pode funcionar como un micrófono dinámico xa que están construídos co mesmo principio de funcionamento.
Todos os ordenadores teñen unha entrada de micrófono.
Reto:
Reto I. (Cambiado pola tarefa da quincena do 14 de abril)
Podrías grabar cos teus medios unha canción acompañada cun instrumento?
Este é o reto para as rapazas de música.
Se queredes podes probar a facer algo de BEATBOX, acompañarvos coa guitarra, o piano, as palmas...
A forma máis fácil de facelo con ordenador pode ser con audacity. Audacity é multipista e pódense aplicar efectos.
Durante esta semana estou a subir á nube, no cartafol "09-LOOPS-AUDIO-para compoñer", fragmentos tocados (loops) con diferentes instrumentos e acordes para que poidades facer a vosa canción, é tan sinxelo como arrastralos ó Audacity. Os loops están relacionados co Reto II; coas catro sucesións de acordes.
Se investigas seguro que descubres ata a posibilidade de facelo co móbil.
Se queres probar con Reaper, recomendo Asio4All para non ter latencia. Calquer tarxeta de son convírtese nunha tarxeta con capacidad de grabar audio. Se tedes un teclado con conexión usb, xa tes un porto MIDI para introducir notas. Podes utilizar calquer micro, auriculares con micro, o micro do portátil para o nosa pequena experiencia. Na nube tes versións gratuitas dos programas e plug-ins gratuítos. Se superas o reto sube o teu resultado á nube no cartafol RetoGrabaciónCaseira. Se non o consigues seguro que aprendes algo intentandoo.
Moita sorte ;)
Reto II. (Pendente de facer)
Escibir unha canción.
Vale, a informática no é o teu, e non das feito. No problemo. Podemos facer unha canción, non é nada difícil, nesta mesma páxina, á esquerda tes algunhas cancións compostas polos alumnos de francés deste IES. Empeza a pensar de que irá a túa cancion, pensa no tema, fai algunha proba escribindo algo, lémbrate dos acordes de éxito.
Vou prepararvos unhas combinacións de acordes que soan ben e gravar algúns instrumentos para que poidades facer probas na casa.
SUPER ACORDES:
Primeria sucesión de acordes: SIm/SOL/RE/LA (Xa está na nube)
Bm/G/D/A
Segunde sucesión de acordes: DO/RE/SOL/MIm/DO/RE/SOL/SOL(7) (Xa está na nube)
C /D /G/Em/D/G/G(7)
Terceira: DO/SOL/Lam/FA (Xa está na nube)
C/G/Am/F
Cuarta Lam - Rem - Sol - Do - Fa - rem - MI - MI (Xa está na nube)
Am - Dm- G - C - F - Dm - E - E