Música 3 17-18

Que é o pulso?

Como se mide o pulso?

Que é o tempo?

Pode medirse o tempo con palabras? Pon algún exemplo.

Que é un compás?

Que tipos de compases existen?

Cales son os dous tipos de compases máis utilizados?

Cantas notas negras entran nun compás de 2/4?

Cantas corcheas entran nun compás de 3/8?

Que tipo de compás se usa na canción de misión imposible?

Billy Cobham: Take seven

2º Trimestre:

1.- Procesadores de efectos de son. Individual.

Explica coas túas palabras - nun documento de texto en formato pdf - que son os procesadores de efectos de son (virtuais e físicos). Para que serven e como se utilizan. Quen os pode utilizar e para que ( músicos, técnicos de son, ...) Cales son os efectos máis utilizados? (Ecualizadores, compresor, chorus, flanger, distorsión, wah-wah).

Con Audacity ou Ardour e os loops de audio do primeiro trimestre prepara un arquivo de son (mp3) con catro efectos diferentes, escoitando previamente o instrumento sen efecto e logo con efecto.

2 Sesións.

2.- Harmonía. Individual.

Volve a ver o vídeo de harmonía e acordes moi concentrado, mira tamén os seguintes vídeos: Escalas, Intervalos Acordes,Tonalidade.

Tonalidade e intervalos poden ser difíciles de entender, fíxate nos resumes que fai o autor e quédache soamente co máis básico.

Podes facer un esquema nun folio mentres ves os vídeos, para as veces que necesites e anota as ideas principais.

Finalmente fai un resumen nun folio, mínimo unha cara. Intenta resumir todo o que aprendiches.

Non esquezas responder a estas preguntas:

Como funciona a música? Cal é a relación entre melodía e acordes? Que é un acorde? De que tipos de acordes falan os vídeos? Que é unha escala? Que tipos de escalas aparecen? Cal é a escala máis utilizada na música occidental? Cal é a diferencia entre cromático e diatónico?

3 sesións.

3.- Acordes. Grupo

Por grupos, buscamos unha o varias cancións que gusten a todos os membros.

Localizade os acordes buscando por internet.

Co software musical imos intentar reproducir a canción.

1er Trimestre:

1.- Construción dunha canción a partir de loops de son. Individual.

2.- Traballo sobre Acústica. Parellas.

3.- Tocar una melodía. Podes usar calquera instrumento. O obxectivo é tocar unha melodía sinxela. Podes buscar en Internet como facelo, tes moitos vídeos que te axudan como por exemplo este.

Valoraremos o esforzo, a calidade e a dificultade da interpretación.

Se traes un guión cos acordes que acompañan á melodía terás un punto máis nesta actividade.

Data do 'concerto': 11 de decembro

4.- Última proba: Proba escrita (podes usar os teus apuntamentos) . Resumo do aprendido.

Instrumentos virtuais:

(No funcionan en todos los navegadores, necesitan flash actualizado):

http://tonematrix.audiotool.com/
HTML5 Drum Machine
http://patternsketch.com/
https://electrictelepathy.com/web-apps/virtual-synthesizer-online/
https://www.audiotool.com/app

---------------------------------------------------