La page de l'échange - A páxina do Intercambio 13-15

Photographies de l'échange

Programa semana documento compartido.

Cadena chamadas:

ISABEL (whatsapp) – PAULA C. - ANDREA – PAULA F. - LAURA – WENDY – MARI LUZ – UXÍA – ÓSCAR - GONZALO - PEDRO - ALBERTO

ÚLTIMA HORA:

Modificada a hora de saída para Francia.

Adiántase dúas horas. Nova hora de saída 3:00h. da madrugada do sábado ó domingo.

A ter en conta para á viaxe:

Lembrade que temos que levar roupa de deporte (chándal) e zapatillas de deporte adecuadas para a actividade do venres (Accrobranches).

Imos a unha zona que está máis ó norte, é posible que faga frío, prever roupa de abrigo. Enlace á previsión do tempo en Polly-lez-Gien.

Parte da viaxe é de noite, pode ser interesante levar unha manta lixeira ou similar para durmir durante a viaxe.

Levar comida para a viaxe, almorzaremos e comeremos antes de chegar.

Chamadas a Francia: Marcar 00 33 e eliminar a primeira cifra do número francés (0).

Exemplo: Número francés 07 xx xx xx

Chamada dende España: 00337 xx xx xx

É necesario activar roaming en móbiles para poder recibir e facer chamadas no estranxeiro.

Atención ó uso de datos no extranxeiro, pode sair moi caro, é recomendable desactivalos ou consultar os prezos da consumo de datos no extranxeiro.

Dictionnaire collectif: Fais click dans ce lien pour l'éditer. Il sera imprimé jeudi.

Météo France: Previsión meteorolóxica (fr).

Dates de l'échange - Datas do intercambio

Voyage en France - Viaxe a Francia

Iremos a Francia no mes de marzo. Do 20 ó 28.

Voyage en Espagne - Viaxe a España

Os compañeiros franceses virán no mes de abril. Do 19 ó 26.

Formulario intercambio /Formulaire échange

Dates / Datas (pode haber algún cambio nos horarios, as datas están confirmadas):

Viaxe a Francia:

20 ó 28 de marzo de 2015

Programa da viaxe:

Venres 20 de marzo (22:30h.): Saída Xove-S. Cibrao [ Lugar saída: S. Cibrao IES: Marqués de Sargadelos]

Sábado 21 de marzo: Chegada a Poilly-lez-Gien sobre as 16:30h. Resto do día en familia.

Domingo 22 de marzo: Xornada en familia.

Luns 23:

Mañá: Xornada no Collège

Tarde: Actividade por determinar.

Martes 24:

Visita a París. 7:30h - 21:00h

(alumnos españois)

Paseo en "bâteau-mouche".

Comida ao pé da Torre Eiffel.

Visita dos lugares máis emblemáticos: Beaubourg, Montmartre, Sacré Coeur...

Mércores 25:

Mañá: Visita ó castello de Sully sur Loire.

Tarde: En familia.

Xoves 26:

Excursión ó castelo de Guedelon.

Venres 27 de marzo: Accrobranches à Nançay (cos alumnos franceses). 8:00h-14:30h.

Venres 27 de marzo: Regreso dende Poilly-lez-Gien. Saída ás 21:00h.

Sábado 28 de marzo. Chegada a Xove-S.Cibrao. (Chegada sobre ás 15:00h) [Lugar chegada: Xove: IES Illa de Sarón]

O percorrido da viaxe:

Ver mapa más grande

Viaxe a España:

19 ó 26 de abril de 2015

Liens intéressants / Enlaces interesantes:

Poilly-lez-Gien atópase na Région Centre no departamento de Loiret. Cerca de Orléans.

O nome do colexio francés do nose intercambio é: Collège Les Clorisseaux.

Poilly-lez-Gien: Wikipedia.fr

Poilly-lez-Gien: Google Maps

Collège Les Clorisseaux

Documentación necesaria:

Tarxeta de la Seguridad Social Europea.

Permiso de menores expedido por la Guardia Civil o Pasaporte en regla.

Autorización firmada.

Ficha de saúde. Entregarase antes da saída, indicaranse, se é o caso, os problemas de saúde do alumno e a medicación necesaria.

A ter en conta:

Se o alumno necesita tomar medicación durante a viaxe debe levar a medicación con el, non na maleta que vai na bodega do autobús.

O alumnado durante a viaxe de ida necesitará almorzar e comer polo camiño. Debe levar con el a comida que necesite.

Nesta época do ano pode facer bastante frío, levar ropa de abrigo.

Na excursión a Paris pasamos o día camiñando, é boa idea levar calzado cómodo e de inverno.

O profesor levará un teléfono móbil cuxo número poñerá a disposición das familias e do alumnado participante.

Gastos

Fai click neste enlace para ver o estado das contas do intercambio:

Gastos Intercambio