Primeiro trimestre
Resumo dos contidos do trimestre
Notación musical (En este artigo da wikipedia podes profundizar e aprender máis sobre notación musical)
Pulso: A base do ritmo, o que move a música. O medimos en golpes por minuto dende que inventamos o metrónomo.
Compás: Agrupación de pulsos. Escríbese com unha fracción.
No numerador indicamos o número de veces que se repite o pulso.
No denominador indicamos a nota á que corresponde o pulso.
4/4 é o compás máis común. Un compás cuaternario. Cada compás repite 4 veces a negra (1/4).
3/4 é un compás ternario. Cada compás repite 3 veces a negra.
3/8 é un compás tamén ternario. A diferencia co anterior é que repite, cada compás, tres veces a corchea (1/8).
Compás de amalgama: Formado por dous compases diferentes.
5/4 > 3/4+2/4 Escoita un compás de 5/4. Take five.
7/4 > 4/4+3/4 Escoita un compás de 7/4. Money
Silencios e figuras:
Visita este enlace en wikipedia e observa a forma e duración dos silencios e das notas musicais.
Tempo: É a velocidade do pulso o medimos en golpes por minuto (tempos por minuto)
Antigamente utilizabamos palabras de orixe italiano:
Adagio (moi lento - 55-66 tempos por minuto (bpm) aprox.)
Andante (menos lento - 76 - 108)
Allegro (Máis rápido - 120 -160)
Presto (Moi rápido - 180 - 200)
A dinámica musical: A intensidade das notas:
As notas pódense tocar con diferente volume, cando se toca "piano" tócase baixo e cando se toca "forte" tócase con máis volume.
A orixe do nome do piano deriva do nome orixinal en italiano: pianoforte.
A intensidade da interpretación indícase na partitura.
Estas son as máis utilizadas, indícanse en forma de siglas baixo o pentagrama.
pp - pianíssimo. Execútase con intensidade moi baixa.
p - piano. Execútase con intensidade baixa.
mp - mezzo piano. Execútase con intensidade moderada.
mf - mezzo forte. Execútase con intensidade moderadamente forte.
f - forte. Execútase con intensidade forte.
ff - fortissimo. Execútase con intensidade moi forte.
A partitura de ritmo:
Na partitura de ritmo non se indican a tonalidade das notas (do, re, mi ...) Indícanse os instrumentos que se tocan. Normalmente cada instrumento equivale a unha liña.
Debaixo temos un exemplo do típico ritmo con caixa a contratempo co charles a corcheas.
A batería e as súas partes:
1 Pratos, normalmente hai dous tipos: o prato de ritmo (Ride) e o Crash
2 Timbal baixo ou tom de chan. O timbal máis grave.
3 Timbais ou toms 1 e 2 (un máis grave co outro)
4 Bombo: O tambor máis grande tócase normalmente co pé dereito.
5 Caixa: Un tambor máis pequeno que leva uns fíos chamados bordóns na parte inferior.
6 Charles ou Hi hat. Cun pedal que normalmente se toca co pé esquerdo podemos abrir ou pechar os dous pratos que o compoñen tendo dous sons característicos. A maior parte do tempo tócase pechado (excepto nalgúns estilos musicais).
Editor de partituras open source.
Manual de Musescore en español
As claves: Representación das alturas.
As claves na notación musical son un signo cuxa función é indicar a altura da música escrita.
A máis utilizada cando aprendemos música é a clave de sol.
1 Clave de Sol. A nota sol está na segunda liña.
2 Clave de Do en terceira. (Alto)
3 Clave de DO en cuarta . (Tenor)
4 Clave de Fa en cuarta. (Baixo)
Existen outras claves de Do, Sol e Fa, estas son as máis utilizadas.
Exemplos das notas en clave de Sol, Fa (4ª), Do (4ª) e Do (3ª).
Fonte (Wikipedia)
As alteracións.
As alteracións cambian o ton da nota.
O sostido # cambia o ton da nota facéndoa 1/2 ton máis agudo.
O bemol b cambia o ton da nota facéndoa 1/2 ton máis grave.
Un do# soa igual a un reb.
Escríbense antes da nota (afectando a todo o compás) ou na clave (desa forma afecta a todas as notas que escribamos).
Música co ordenador:
A música electrónica comeza a desenvolverse a partir da xeneralización dos sintetizadores na década dos 70 do século XX.
Nos anos 80 aparece a necesidade de crear un estándar para comunicar os diferentes instrumentos electrónicos dixitais e analóxicos.
En 1983 un grupo de representantes da industria de fabricantes de instrumentos crean o estándar
MIDI que aínda usamos hoxe.
MIDI: Siglas de Musical Instrument Digital Interface.
Permite conectar ordenadores, teclados musicais, sintetizadores, caixas de ritmo e en definitiva case calquera máquina usada na creación de música.
A versión orixinal tiña tres conectores: IN - OUT - THRU.
OUT > Pola saída out saen as notas e outros comandos para o outro dispositivo. Por cada saída out, pódense enviar ata 16 canles distintos. Permite interpretar 16 instrumentos distintos.
IN < Pola entrada IN entran as notas e outros comandos para o outro dispositivo. Por cada entrada in, pódense recibir ata 16 canles distintos.
THRU > É unha copia exacta da información que o dispositivo recibe polo IN, desta forma un ordenador pode controlar máis dun instrumento.
Midi por USB. Actualmente o estándar MIDI utiliza portos USB para a intercomunicación de dispositivos.
Aprende más sobre MIDI. Visita este enlace se tes curiosidade e queres aprender máis.
Práctica:
Conecta o teclado MIDI ó ordenador portátil. Visita esta páxina para usar instrumentos virtuais:
Online sequencer
E proba a facer melodías e experimentar con sons dos instrumentos virtuais. Estas a usar MIDI por usb!!!
Harmonía:
A harmonía: Ocúpase do estudo dos acordes.
Acorde: Un acorde é unha combinación de tres ou máis notas tocadas ó mesmo tempo. Pódense tocar con un ou varios instrumentos. Tres frautas poderían facer un acorde de do maior.
Do maior: do + mi + sol
Do menor: do + mib + sol
Do maior con sétima menor: do + mi + sol + sib
Todas as cancións están formadas por unha combinación de acordes que forma a estrutura das mesmas. Pode haber varias cancións cos mesmos acordes.
Escoita e busca por Internet e aprende e descubre cales son os temas máis recoñecidos deste período ( busca os temas que che gusten máis).
Nun documento de texto fai a túa lista de "superhits" europeos. Organiza a música segundo a clasificación que aparece no artigo da wikipedia: historia de la música.
Podes ver e escoitar este vídeo para facerte unha idea xeral da historia da música europea.
Indica no teu listado a obra que te gusta e o seu autor, indica a data de nacemento e morte do compositor.
Enlaza a a obra a un vídeo de youtube (como fixemos na clase) e o nome do autor ó artigo da wikipedia. Indica o período da historia da música o que pertence.
Primeiro selecciona e copia co botón dereito (ctrl+c) a dirección de wikipedia.
Exemplo: https://es.wikipedia.org/wiki/Wolfgang_Amadeus_Mozart
Ou a dirección do vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=-zpKQFyp79Y
Tamén podes facer click no botón compartir que hai debaixo do vídeo e compiar a dirección que nos da,
como por exemplo: https://youtu.be/-zpKQFyp79Y.
Despois, para crear en LibreOffice ligazóns, seleccionamos co rato o texto que queremos enlazar e facemos click en Insertar > hiperenlace (ctrl+alt+k) e pegamos (ctrl+v) a dirección copiada en URL. Pulsamos en aceptar e se queredes probar se funciona solo hai que facer click no texto pulsando a tecla control ó mesmo tempo.
A primeira obra na que pensei é as catro estacións, mirando en wikipeida, descubrín que foron compostas sobre o ano 1721, no artigo da historia da música descubro que pertence o período chamado Barroco tardío, dentro do período Barroco que a súa vez forma parte do que chamamos música clásica, e 'voilà' xa teño o meu primeiro 'hit':
"As catro estacións" de Antonio Vivaldi (1678-1741)
Como vedes, tamén fixen un enlace ó período da música ó que pertence e ó artigo da wikipedia das catro estacións, no é obrigatorio pero queda máis chulo ;) Ademais no artigo da wikipedia aparece tamén a música.
Buscade polo menos dez super-éxitos en orde cronolóxico (do máis antigo ó máis novo) e indicando o seu período da historia da música.
Outra cousa que me gusta da música clásica é que está libre de dereitos de autor e que podo enlazar, copiar, etc de forma libre. Déixovos aquí un enlace a Wikimedia Commons do outono, a parte que máis me gusta desta obra:
Enlace ó arquivo: Otono, as catro estacións de Antonio Vivaldi.
Pódelo descargar co botón dereito do rato, pásao ;)
Instrucións de presentación (Pendente)
Mira o videotitorial de Santi, toma nota e completa os teus apuntamentos. Non deixes de anotar a clasificación da música clásica (os diferentes períodos) e os nomes correctos das obras e autores.
Facemos con reaper un tema mesturando sons en bucle.
O material de traballo está na aula virtual e na nube.
Escoita e vota as tres mellores cancións.
Instruccións: Indica o teu nome e apelidos, non podes votar a túa canción, tes que votar tres temas diferentes en orde de preferencia. Soamente podes votar unha vez.
2º A - Escoita os temas - Vota polas tres cancións que máis che gustaron. 2ºA
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
2º B - Escoita os temas - Vota polas tres cancións que máis che gustaron. 2º B
Aprendemos a escribir e a leer unha partitura con Musescore.
Aprendemos a tocar unha canción.
O material de traballo está na aula virtual e na nube.