Editor de partituras open source.
Para introducir notas en MuseScore en Linux, a forma máis rápida e estándar é usar o Modo de introdución de notas.
Tres pasos: Activar o modo (N) ➔ Escoller a duración (números) ➔ Tocar a nota (letras).
O método rápido co teclado:
Selecciona o compás ou silencio onde queres empezar a escribir.
Presiona a tecla N no teu teclado. Verás que o cursor se volve azul (ou verde se é outra voz), o que significa que estás no modo de edición.
Selecciona a duración da nota usando os números do teclado (non do teclado numérico, senón da fila de números superior):
• 3 = Semicorchea
• 4 = Corchea
• 5 = Negra
• 6 = Branca
• 7 = Redonda
En caso de erro pulsa CTRL+z (desfacer)5
Escribe a nota usando as letras do sistema anglosaxón:
• C = Do | D = Re | E = Mi | F = Fa | G = Sol | A = La | B = Si
• Para engadir un silencio, presiona o 0 (cero). E engadirase o silencio coa duración seleccionada (3 semicorchea, etc...)
O cursor permite moverse entre as notas de esquerda a dereita e cambiar a nota subindo e baixando.
Cando remates de escribir, volve presionar N ou a tecla Esc para saír do modo de introdución.
Para a percusión "Editar set de percusión" para escoller as notas desexadas. Exemplo B > Battery Snare.
Pulsa F10 para abrir o mesturador e escolle os instrumentos.
Manual de Musescore en español