¿Por qué medimos el ritmo así?
Lo que pasó cuando Justin Bieber fue a "El Hormiguero"
Elementos de representación gráfica de la música Historia de la representación musical
Sistemas de organización musical
Orquestra sinfónica General Midi Sintetizadores musicais
Orquestra musical vídeo de Jaime Altozano
Cómo entender cualquier vibración (vídeo), Qué es el sonido (vídeo antiguo) , Qué es un decibelio (a/d), Generador de funciones, Vibración das cordas dunha guitarra española (video iphone), Audio tests (Sonidos de prueba), Guerra del volumen, Guerra del volumen (vídeo Metallica) ¿Por qué nos gusta la música?
¿Por qué no puedes escuchar música clásica en un coche?
Mapa interactivo de estilos musicais.
Contén enlaces ós distintos estilos musicais (música occidental) con explicacións - en inglés - e vídeos con exemplos.
Despacito en 26 estilos musicales.
Notación musical (En este artigo da wikipedia podes profundizar e aprender máis sobre notación musical)
A base do ritmo, o que move a música. O medimos en golpes por minuto dende que inventamos o metrónomo.
Agrupación de pulsos. Escríbese com unha fracción.
No numerador indicamos o número de veces que se repite o pulso.
No denominador indicamos a nota á que corresponde o pulso.
4/4 é o compás máis común. Un compás cuaternario. Cada compás repite 4 veces a negra (1/4).
3/4 é un compás ternario. Cada compás repite 3 veces a negra.
3/8 é un compás tamén ternario. A diferencia co anterior é que repite, cada compás, tres veces a corchea (1/8).
Compás de amalgama: Formado por dous compases diferentes.
5/4 > 3/4+2/4 Escoita un compás de 5/4. Take five.
7/4 > 4/4+3/4 Escoita un compás de 7/4. Money
É a velocidade do pulso o medimos en golpes por minuto (tempos por minuto)
Antigamente utilizabamos palabras de orixe italiano:
Adagio (moi lento - 55-66 tempos por minuto (bpm) aprox.)
Andante (menos lento - 76 - 108)
Allegro (Máis rápido - 120 -160)
Presto (Moi rápido - 180 - 200)
As notas pódense tocar con diferente volume, cando se toca "piano" tócase baixo e cando se toca "forte" tócase con máis volume.
A orixe do nome do piano deriva do nome orixinal en italiano: pianoforte.
A intensidade da interpretación indícase na partitura.
Estas son as máis utilizadas, indícanse en forma de siglas baixo o pentagrama.
pp - pianíssimo. Execútase con intensidade moi baixa.
p - piano. Execútase con intensidade baixa.
mp - mezzo piano. Execútase con intensidade moderada.
mf - mezzo forte. Execútase con intensidade moderadamente forte.
f - forte. Execútase con intensidade forte.
ff - fortissimo. Execútase con intensidade moi forte.
Truco LA = A. A partir de la > A B C D E F G A ... (la, si, do, re, mi, fa, sol, la ...)
Mira o vídeo de harmonía e acordes moi concentrado, mira tamén os seguintes vídeos: Escalas, Intervalos Acordes, Tonalidade.
Tonalidade e intervalos poden ser difíciles de entender, fíxate nos resumes que fai o autor e quédache soamente co máis básico, atende ás aclaracións do profesor.
Toma apuntes nun folio mentres ves os vídeos e escoitas ó teu profesor, anota as ideas principais.
Finalmente fai un esquema nunha cara dun folio Intenta resumir todo o que aprendiches.
Utiliza unicamente o material dos vídeos e usa as túas palabras para facer os apuntamentos.
Non esquezas responder a estas preguntas:
Como funciona a música? Cal é a relación entre melodía e acordes? Que é un acorde? De que tipos de acordes falan os vídeos? Que é unha escala? Que tipos de escalas aparecen? Cal é a escala máis utilizada na música occidental? Cal é a diferencia entre cromático e diatónico? Que son os intervalos? Que relación hai entre os intervalos e as escalas? Que é a tonalidade?
Posteriormente faremos unha proba escrita, poderas usar o teu esquema.
Para profundizar:
El Señor de los Anillos - Análisis de la banda sonora - Jaime Altozano
2. Práctica acordes.
Visita esta páxina: https://www.onemotion.com/chord-player/
Escoita a explicación do profesor. Proba a escoitar e mirar os acordes de exemplo que aparecen en EXPLORE.
Escribe os acordes, elixe o estilo e prepara unha canción.
Podes buscar unha canción que che guste, apuntar os acordes que usa e intentar imitala.
Usa audacity para converter o arquivo wav en mp3.
Cando acabes copia na nube o arquivo mid e o arquivo mp3 nos seus correspondentes cartafoles.
Tocamos unha canción.
Traballo sobre acústica:
Prema no enlace de máis abaixo para ver as instrucións do traballo.
Le a modo, varias veces se é necesario ata que o entendas.
Non lle teñas medo ós vídeos, algúns son moi divertidos ;)
Lembrade facer o traballo en formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:
Nome-apelido traballo acústica.pdf
Música para o concertazo!!
Traballo D.A.W
Durante este trimestre estamos a gravar entre todos unha canción.
Usamos un D.A.W. para gravar instrumentos audio e M.I.D.I.
Usamos todos os instrumentos da clase: Batería, baixo, guitarra eléctrica, percusión, piano, teclado, ....
Despois faremos a nosa mestura e produciremos un disco coas distintas versións.
Instruccións para o traballo DAW