As ideas iniciais do proxecto non teñen porqué formar parte do proxecto definitivo.
Facer un podcast + periódico por grupos.
2/3 grupos.
Temática variada: Fútbol, cultura, deporte, música.
Imos facer un programa de radio no que imos falar de temas variados.
Imos facelo en tres grupos.
Dous grupos van falar de temas de deporte, especialmente de fútbol tendo en conta os elementos transversais da ESO. Un terceiro grupo vai falar de temas culturais relacionados coa música, arte, e cociña.
Durante este trimestre imos organizar o proxecto, ver que nos fai falta e que necesitamos aprender.Concretar mellor o proxecto.
Teñen que formar parte do proxecto.
Comprensión lectora, expresión oral e escrita e comunicación audiovisual.
Fomento do espírito crítico, a investigación e o método científico.
Educación emocional e en valores, incidindo na resolución pacífica de conflitos.
Igualdade de xénero efectiva e a prevención da violencia machista.
Sustentabilidade e ecoloxía en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Emprendimiento social e empresarial.
Creatividade.
Educación para a saúde.