Música 3º

2021/2022- Ies Illa de Sarón

Terceiro trimestre

Traballo D.A.W


Durante este trimestre estamos a gravar entre todos unha canción.

Usamos un D.A.W. para gravar instrumentos audio e M.I.D.I.

Usamos todos os instrumentos da clase: Batería, baixo, guitarra eléctrica, percusión, piano, teclado, ....

Despois faremos a nosa mestura e produciremos un disco coas distintas versións.

Instruccións para o traballo DAW


Segundo trimestre

Tocamos unha canción.


Traballo sobre acústica:

Traballo Individual - Instrucións:

Imos facer un traballo de investigación.

Prema no enlace de máis abaixo para ver as instrucións do traballo.

Le a modo, varias veces se é necesario ata que o entendas.

Se estás na casa podes contactar co teu profesor a través da EVA.

Non lle teñas medo ós vídeos, algúns son moi divertidos ;)

Lembrade facer o traballo en formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:

Nome-apelido traballo acústica.pdf

Subir a nube de música (cloud.illadesaron.com) no cartafol Traballo Acústica.


Primeiro trimestre

1.- Harmonía. Individual: Apuntamentos


Mira o vídeo de harmonía e acordes moi concentrado, mira tamén os seguintes vídeos: Escalas, Intervalos Acordes, Tonalidade.

Tonalidade e intervalos poden ser difíciles de entender, fíxate nos resumes que fai o autor e quédache soamente co máis básico.

Podes facer un esquema nun folio mentres ves os vídeos, para as veces que necesites e anota as ideas principais.

Finalmente fai un resumen, mínimo un folio. Intenta resumir todo o que aprendiches. Utiliza únicamente o material dos vídeos e usa as túas palabras para facer os apuntamenteo.

Non esquezas responder a estas preguntas:

Como funciona a música? Cal é a relación entre melodía e acordes? Que é un acorde? De que tipos de acordes falan os vídeos? Que é unha escala? Que tipos de escalas aparecen? Cal é a escala máis utilizada na música occidental? Cal é a diferencia entre cromático e diatónico?

Que son os intervalos? Que relación hai entre os intervalos e as escalas? Que é a tonalidade?

3 sesións.


El Señor de los Anillos - Análisis de la banda sonora - Jaime Altozano


2. Práctica acordes.

Visita esta páxina: https://www.onemotion.com/chord-player/

Escoita a explicación do profesor. Proba a escoitar e mirar os acordes de exemplo que aparecen en EXPLORE.

Escribe os acordes, elixe o estilo e prepara unha canción.

Podes buscar unha canción que che guste, apuntar os acordes que usa e intentar imitala.

Cando termines exporta o resultado en formato midi (MID) e son (wav).

Usa audacity para converter o arquivo wav en mp3.

Cando acabes copia na nube o arquivo mid e o arquivo mp3 nos seus correspondentes cartafoles.