Contidos:
Terceiro trimestre
Enlace á páxina da selección de música entre 1500 e 1900
Segundo trimestre
Traballo para o periodo de cuarentena. Actualizado 27/03
A miña lista de éxitos da música europea entre 1500 e 1900
Entrega o traballo ó teu profesor. Sube a túa lista de reproducción á nube no cartafol 06-OS SUPERHITS DOS ÚLTIMOS SÉCULOS.
Indica o teu nome e apelidos no nome do arquivo.
Escoita e busca por Internet e aprende e descubre cales son os temas máis recoñecidos deste período.
Nun documento de texto fai a túa lista de "superhits" europeos. Organiza a música segundo a clasificación que aparece no artigo da wikipedia: historia de la música.
Podes ver e escoitar este vídeo para facerte unha idea xeral da historia da música europea.
Indica no teu listado a obra que te gusta e o seu autor, indica a data de nacemento e morte do compositor.
Enlaza a a obra a un vídeo de youtube (como fixemos na clase) e o nome do autor ó artigo da wikipedia. Indica o periódo da historia da música o que pertence.
Para crear enlaces primeiro selecciona e copia co botón dereito (ctrl+c) a dirección de wikipedia.
Exemplo: https://es.wikipedia.org/wiki/Wolfgang_Amadeus_Mozart
Ou a dirección do vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=-zpKQFyp79Y
Tamén podes facer click no botón compartir que hai debaixo do vídeo e compiar a dirección que nos da,
como por exemplo: https://youtu.be/-zpKQFyp79Y.
Despois, para crear en LibreOffice ligazóns, seleccionamos co rato o texto que queremos enlazar e facemos click en Insertar > hiperenlace (ctrl+alt+k) e pegamos (ctrl+v) a dirección copiada en URL. Pulsamos en aceptar e se queredes probar se funciona solo hai que facer click no texto pulsando a tecla control ó mesmo tempo. Recomendo facelo sempre para previr erros.
Un exemplo de como debería ser o traballo:
A primeira obra na que pensei é as catro estacións, mirando en wikipeida, descubrín que foron compostas sobre o ano 1721, no artigo da historia da música descubro que pertece o período chamado Barroco tardío, dentro do período Barroco que a súa vez forma parte do que chamamos música clásica, e 'voilà' xa teño o meu primeiro 'hit':
"As catro estacións" de Antonio Vivaldi (1678-1741)
Como vedes, tamén fixen un enlace ó perído da música ó que pertence e ó artigo da wikipedia das catro estacións, no é obrigatorio pero queda máis chulo ;) Ademáis no artigo da wikipedia aparece tamén a música.
Buscade polo menos dez super-éxitos en orde cronolóxico (do máis antigo ó máis novo) e indicando o seu período da historia da música.
Subide o traballo á nube o día 27 de marzo.
Outra cousa que me gusta da música clásica é que está libre de dereitos de autor e que podo enlazar, copiar, etc de forma libre. Déixovos aquí un enlace a Wikimedia Commons do otono, a parte que máis me gusta desta obra:
Enlace ó arquivo: Otono, as catro estacións de Antonio Vivaldi.
Pódelo descargar co botón dereito do rato, pásao ;)
1.- Santi "Profe por un día"
A música que Santi nos recomenda.
2.- Os grupos de música.
O alumnado de segundo forma dous grupos de música xunto co seu profesor.
Preparan unha canción cada un, cada alumno elixe un instrumento ( ou cantar) e entre todos elixen o tema para interpretar. Estos son os temas elexidos:
La cucaracha e Despacito e Ocean de Karol G.
O 20 de febreiro interpretamos as cancións en directo no ensaio aberto diante de todo o IES, este é o resultado:
A cucaracha e Despacito interpretado por O Combo de Xove coa participación especial de Xavi.
Ocean interpretado polo alumnado de segundo coas voces de Cristina e Nerea.
3.- A música clásica Europea. Os Hits da historia. Imos facer un percorrido pola música clásica buscando as melodías máis pegadizas para facer o nosa recopilación do mellor da música Europea.
Obxectivos:
Escoitar música clásica e aprencer a recoñecer as músicas máis coñecidas.
Coñecer os principales periodos da música clásica.
Coñecer os nomes dos principais compositores da música clásica occidental.
Crear unha playlist cos principales 'hits' da música dos últimos séculos.
A música clásica europea é un termo un pouco ancho, e fai referencia á música producida polas tradicións artísticas en Europa, especialmente entre o ano 1000 e 1900, aínda que a denominación de "música clásica" séguese aplicando ás composicións dos séculos XX e XXI que xorden desta tradición. O fundamento teórico desta tradición desenvolveuse entre 1550 e 1825. (Galipedia)
Imos buscar os temas máis importantes dende o século XVI ata o XIX.
Axuda ó teu profesor a organizar o traballo:
Como imos traballar? Parellas ou individual?
Como presentamos o traballo? Facemos unha exposición co que atopemos?
Intentamos tocar algún dos super-éxitos dos últimos séculos?
E... o máis difícil... seremos capaces de recoñecer as cancións do CD que o profesor atopou casualmente na súa casa?
Primeiro Trimestre
Ritmo!!
Caja de ritmos (4 partes compás) online
Caja de ritmos online (muestras audio)
Como ler unha partitura de ritmo.
Ritmo (Tempo y Compas ) Teoría Musical – Como encontrar el Tempo y el Compas de una canción
Representación gráfica da música
Elementos de representación gráfica de la música
Elementos da representación gráfica da música (gl)
Curso práctico para aprender solfeo
Historia de la representación musical
Primeiro traballo (teoría):
Traballo individual. Botade un vistazo ós enlaces que tes arriba e preparade nunha folla unha explicación sinxela, uns apuntamentos, de como funciona a representación musical.
Fíxádevos ben e preguntade ó voso profesor se tedes dúbidas.
Respondede como mínimo ás seguintes preguntas:
Como se escribe a música? Cales son as figuras musicais?
Que é un silencio? Cantos tipos de silencio existen?
Qué é un compás? Cantos tipos de compases coñecemos?
Qué son as claves? Cantas notas existen? Como se chaman?
Busca por Internet unha partitura sinxela (en clave de sol) e copia os primeiros 8 compases ó final do traballo como exemplo.
Escribide noutra folla o ritmo dos patrones de bateria descargados (2-3) observar a seguinte imaxe pode axudar:
Fai click na foto para verla máis grande:
Curso para aprendizaxe da lectura musical
Un piano virtual para facer probas: Piano virtual
Música electrónica
Musical Instrument Digital Interface
O formato MIDI (Musical Instrument Digital Interface) é un protocolo industrial estándar que permite aos ordenadores, sintetizadores, secuenciadores, controladores e outros dispositivos musicais electrónicos comunicarse e compartir información para a reprodución e xeración de sons.
Unha ampliación do estándar MIDI que asegura que os distintos dispositivos (teclados) teñan un conxunto estándar de sons. Pianos, órganos, cordas, sets de batería, efectos especiales, ....
Prema na liagazón para ver o listado de sons (presets) do General Midi: Listado de sons
Un sampler é un aparello electrónico que se emprega para almacenar sons (samples, mostras), sendo un instrumento musical co cal se poden rexistrar mostras de sons, para posteriormente editalos e reproducilos. Tornouse instrumento indispensable do que é a música electrónica, aínda que sendo tamén ben usado en calquera xénero musical.
Instrumentos virtuais:
Un instrumento virtual é un software, o programa informático, que simula un instrumento "real" dixital ou analóxico. O primeiro estándar de instrumentos virtuais é o Virtual Studio Technology desenvolvido por Steinberg.