Photos de l'échange:
Petite collections de photos de l'échange: Voyage en France et en Espagne.
Fais clic dans ce lien: Le regard du prof.
Dictionnaire collectif: Fais click dans ce lien pour l'éditer. Il sera imprimé vendredi.
Novidades de última hora:
Modifícase novamente o horario da partida dos alumnos franceses,
sairán o domingo 14 de abril ás 5:00h da mañá.
Deberemos estar media hora antes (4:30).
Nº premiado no sorteo do 5 de abril de 2013 do cuponazo da ONCE: 67646
Papeleta premiada: 646
A chegada dos alumnos franceses adiántase unha hora. Será o domingo 7 ás 19:00h.
Para optimizar a comunicación entre nos imos facer unha cadea de chamadas telefónicas: cada un chama o seguinte da lista e pasa a mesaxe; por exemplo: a modificación do horario de chegada dos franceses. O último da cadea volve a chamar ó profesor para confirmar que a mesaxe chegou correctamente.
Orde da cadea:
Alberto > Isaías (Salomé) > Rocío (Javiera, Pepe, Fernanda) > Noela > Nerea > Lidia > Pilar > Daniel > Roberto > Alberto [confirmación]
Viaxe a España:
7 ó 14 de abril de 2013.
Domingo 7 de abril: Chegada a Xove: IES Illa de Sarón. 19:00h aproximadamente.
Luns 8 de abril: Mañá: xornada nos IES. Tarde visita ó Barco Boniteiro de Burela.
Martes 9 de abril: Santiago de Compostela: ás 13:00 visita guiada á Catedral, Cubertas e Pazo de Xelmírez. Pola tarde,
ás 16:30, visita guiada ao Museo do Pobo galego.
Regreso: 20:30h.
Mércores 10 de abril: Coruña. Acuario (mañá) e visita guiada (tarde).
Regreso: 20:30h.
Xoves 11 de abril: Lugo: 10:30 visita guiada ao Castro de Viladonga. Chegada a Lugo e visita ao casco histórico e á Casa dos Mosaicos (época romana). Pola tarde, paseo pola muralla romana. Acompañan alumnos de San Cibrao
Regreso: 20:00h.
Venres 12 de abril: Viveiro: Lonxa Celeiro e visita ó casco histórico de Viveiro.
Sábado 13 de abril: Día en familia
Domingo 14 de abril, madrugada: Regreso a Francia: S. Cibrao IES Marqués de Sargadelos: Saída 5:00h am. [Novo cambio!]
Documento compartido: Programa España
Documentación necesaria:
Autorización para viaxar ó estranxeiro con menores. Expide a Garda Civil. [Entregarase no IES antes do xoves 14 de marzo]
Nota.: En caso de ter pasaporte en regra non é necesario a autorización anterior.
Para viaxar pola Unión Europea necesitamos tamén levar o DNI.
Ficha de saúde. Entregarase unha semana antes da viaxe para ter os datos actualizados. [Entregar antes do xoves 14 de marzo]
Tarxeta sanitaria Europea. Centro de Saúde. [É necesario mostrala antes da saída]
Autorización para a viaxe. [ Xa entregada ]
A ter en conta para á viaxe:
Novidade:
A profesora francesa infórmanos que temos que levar roupa de deporte (chándal) e zapatillas de deporte adecuadas para a actividade do venres (Accrobranches).
Recomenda levar tamén un paraugas e un impermeable porque pode chover.
Atención, aínda hai temperaturas por debaixo de 0 estes días, polas mañás vai facer frío.
Se os rapaces necesitan tomar algunha medicina é importante non levala na maleta da viaxe, é mellor levala nunha mochila para tela á man.
Imos a unha zona que está máis ó norte, é posible que faga frío, prever roupa de abrigo. Enlace á previsión do tempo en Polly-lez-Gien.
Parte da viaxe é de noite, pode ser interesante levar unha manta lixeira ou similar para durmir durante a viaxe.
Levar comida para a viaxe, almorzaremos e comeremos antes de chegar.
Chamadas a Francia: Marcar 00 33 e eliminar a primeira cifra do número francés (0).
Exemplo: Número francés 07 xx xx xx
Chamada dende España: 00337 xx xx xx
É necesario activar roaming en móbiles para poder recibir e facer chamadas ó estranxeiro.
Météo France: Previsión meteorolóxica (fr).
Dates / Datas (pode haber algún cambio nos horarios, as datas están confirmadas):
Viaxe a Francia:
15 ó 22 de marzo de 2013
Programa da viaxe:
Venres 15 de marzo (22:30h.): Saída Xove-S. Cibrao [ Lugar saída: S. Cibrao IES: Marqués de Sargadelos]
Sábado 16 de marzo: Chegada a Polly-lez-Gien a partir das 16:30h.
Domingo 17 de marzo: Xornada en familia
Luns 18 de marzo: Visita ao castelo de Chambord (cos alumnos franceses). 7:30h - 18:30h
Martes 19 de marzo: Xornada no "collège". 13:30h Visita ó concello. 14:30h Actividades no "collège": música e deporte.
Mércores 20 de marzo: Visita da cidade de ORLEANS pola mañá (só alumnos españois). 8:00h - 12:00h. Tarde libre coas familias.
Xoves 21 de marzo: Visita a París. 7:30h - 21:00h
(alumnos españois)
Paseo en "bâteau-mouche".
Comida ao pé da Torre Eiffel.
Visita dos lugares máis emblemáticos: Beaubourg, Montmartre, Sacré Coeur...
Venres 22 de marzo: Accrobranches à Nançay (cos alumnos franceses). 8:00h-14:30h.
Venres 22 de marzo: Regreso dende Polly-lez-Gien. Saída ás 21:00h.
Sábado 22 de marzo. Chegada a Xove-S.Cibrao. (Chegada sobre ás 15:00h) [Lugar chegada: Xove: IES Illa de Sarón]
O percorrido da viaxe:
Liens intéressants / Enlaces interesantes:
Poilly-lez-Gien atópase na Région Centre no departamento de Loiret. Cerca de Orléans.
O nome do colexio francés do nose intercambio é: Collège Les Clorisseaux.
Gastos
Fai click neste enlace para ver o estado das contas do intercambio: