Traballo sobre acústica e procesado de son.

Parte I (Para facer durante o periodo de cuarentena)

(Páxina actualizada o 13 de marzo. Engadidos enlaces e contidos)

Instrucións:

Traballo Individual

Formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:

Nome-apelido traballo acústica.pdf

Subir a nube de música (cloud.illadesaron.com) no cartafol 03-Traballo Acústica.

Escribide o traballo en galego.

Inserta algunha imaxe e algún para facer o traballo máis visual e ameno.

Atención utiliza as túas palabras, non copies e pegues, se queres de forma excepcional (máximo dúas veces) poñer un texto copiado de Internet inclue a fonte (a páxina web) entre paréntesis e pon o texto entre comillas.

Exemplo: "A acústica é unha ciencia interdisciplinaria que estuda o son, infrasón e ultrasón, é dicir, ondas mecánicas que se propagan a través da materia (tanto sólida como líquida ou gasosa) (non se propagan no baleiro). A efectos prácticos, a acústica estuda a produción, transmisión, almacenamento, percepción ou reprodución do son. " (https://gl.wikipedia.org/wiki/Ac%C3%BAstica)

Consellos:

Segue os enlaces, busca a información que necesites.

Fai un esquema no caderno, pode axudarte antes de empezar.

Unha vez comprendida e analizada a información comezade a escribir o traballo.

Nº de Sesións:

4 Sesións lectivas max.

Enlaces e vídeos:

Física: Ondas sonoras, Tipos de ondas periódicas. Síntesis, Sintetizadores, El instrumento que revolucionó la música: El sintetizador, Fidget Spinner Guitar Synth, Qué es un decibelio (a/d), Generador de funciones, Vibración das cordas dunha guitarra española (video iphone), Audio tests (Sonidos de prueba), Guerra del volumen, Guerra del volumen (vídeo Metallica)

Contidos obrigatorios:

Que é a acústica? Busca unha definición en Internet.

Como se propaga o son? A que velocidade?

Que é unha onda periódica. Como as observamos?

Onda senoidal, cadrada, triangular. Que son? Que teñen que ver co mundo da música electrónica?

Cal é o espectro audible no ser humano? (Frecuencia máis grave e máis aguda)

Que é un decibelio? Para que sirve? (Mira o vídeo enlazado na páxina web)

Cando se considera un son como prexudicial para a nosa saúde? (Ler documento adxunto)

Que sistemas podemos usar para protexer a nosa audición e, en xeral, canto reducen o son? (Ler documento adxunto)

Procesado del sonido:

Explica que é un sintetizador. Cando se xeneralizou o seu uso?

Explica que é un ecualizador gráfico. Para que sirve?

Explica que é a reverberación, o eco e o chorus? Investiga que son e explica coas túas palabras.

Explica que e un compresor . Que é a "guerra do volume"? Mira os enlaces na páxina web.

Explica que é un DAW. Para qué o usamos. (Non lle tengas medo ó inglés).

Truco: Quizá axude descargar os arquivos mp3 enlazados arriba (con botón dereito e descargar como) e escoitar e visualizar en Audacity, seguir os enlaces e ter visto os vídeos do principio do traballo.

Avaliación:

A nota do traballo terá en conta a cantidade e calidade dos contidos e o feito de seguir as instrucións e consellos indicados.

Parte II (Para facer á volta)

Individual

Descarga este arquivo comprimido nel hai unha serie de mostras de son ( guitarras, voces, baterías, teclados...)

Escolle catro mostras mínimo, abre o arquivo con Audacity e aplícalle un efecto da seguinte lista: Reverb, chorus, compresor, eco ou ecualización. Exporta as catro mostras nun único ficheiro mp3 co seguinte formato:

Nome-apelido.mp3 e inclúe unha explicación en formato odt indicando o que fixeches e xustificando a nota que crees que debes levar co seguinte formato: Nome-apelido.odt

Sube os traballos á nube no cartafol 02-Traballo Acústica-2