Presentación do traballo:
Facer o traballo en formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:
Nome-apelido traballo acústica.pdf
Subir a nube de música (cloud.illadesaron.com) no cartafol Traballo Acústica dentro do prazo que acordemos.
Escribide o traballo en galego!
Inserta algunha imaxe e algún enlace para facer o traballo máis visual e ameno.
Atención utiliza as túas palabras, non copies e pegues, se queres de forma excepcional (máximo dúas veces) poñer un texto copiado de Internet pero inclue a fonte (a páxina web) entre paréntesis e pon o texto entre comillas. Exemplo:
Tamén podes seleccionar o texto e crear un enlace (verifica que funcionen):
Segue TODOS os enlaces, busca a información que necesites.
Facer un esquema no caderno pode axudarte antes de empezar.
Filtra a información importante, non copies todo!!!!
Anota a información que extraes dos vídeos no caderno.
Unha vez comprendida e analizada a información comeza a escribir o traballo.
Se tes dúbidas consulta co profesor.
Nº de Sesións: 4 Sesións lectivas max. 43' aproximados de contidos en vídeo.
(Obrigatorio ver e tomar notas):
Física: Ondas sonoras, Tipos de ondas periódicas. Síntesis, Sintetizadores, El instrumento que revolucionó la música: El sintetizador, Fidget Spinner Guitar Synth, El viaje del sonido al cerebro Qué es un decibelio (a/d), Generador de funciones, Vibración das cordas dunha guitarra española (video iphone), Audio tests (Sonidos de prueba), Guerra del volumen, Guerra del volumen (vídeo Metallica) Guerra del volumen III Chorus, tremolo, phaser and flange guitar pedals.
Que é a acústica? Busca unha ou varias definicións en Internet e adáptaa as túas palabras.
Como se propaga o son? A que velocidade?
Que é unha onda periódica. Como as observamos?
Onda senoidal, cadrada, triangular. Que son? Que teñen que ver co mundo da música electrónica?
Cal é o espectro audible no ser humano? (Frecuencia máis grave e máis aguda)
Que é un decibelio? Para que sirve? (Mira o vídeo enlazado na páxina web)
Cando se considera un son como prexudicial para a nosa saúde? (Ler documento adxunto)
Que sistemas podemos usar para protexer a nosa audición e, en xeral, canto reducen o son? (Ler documento adxunto)
Porque a "guerra do volume" fai que escoitemos a música con menos calidade?
Procesado del son (Efectos de son):
Explica que é un sintetizador. Cando se xeneralizou o seu uso?
Explica que é un ecualizador gráfico. Para que sirve?
Explica que é a reverberación, o eco e o chorus e o flanger? Investiga que son e explica coas túas palabras.
Explica que e un compresor . Que é a "guerra do volume"? Mira os enlaces na páxina web.
Explica que é un DAW. Para qué o usamos. (Non lle teñas medo ó inglés).
Truco: Quizá axude descargar os arquivos mp3 enlazados arriba (con botón dereito e descargar como) e escoitar e visualizar en Audacity, seguir os enlaces e ter visto os vídeos do principio do traballo.
A nota do traballo terá en conta a cantidade e calidade dos contidos, o feito de usar as túas palabras e o seguir todas as instrucións e consellos indicados.
Para aprobar hai que falar dos contidos obrigatorios explicados máis arriba.
Se se utilizan máis de dos textos copiados de Internet non servirán para a nota.
Tampouco se avaliará os textos copiados directamente dende Internet sen indicar o enlace.
Unha boa presentación axudará ata un 10% da nota.
Non esquezas facer o traballo en galego.