Mus-P

Traballo 1

1.- Harmonía. Individual: Apuntamentos.

Mira o vídeo de harmonía e acordes moi concentrado, mira tamén os seguintes vídeos:  Escalas, Intervalos Acordes.

Os intervalos poden ser difíciles de entender, fíxate nos resumes que fai o autor e quédache soamente co máis básico.

Podes facer un esquema nun folio mentres ves os vídeos, para as veces que necesites e anota as ideas principais.

Finalmente fai un resumen, mínimo un folio, á man en galego ou castelá. Intenta resumir todo o que aprendiches. Utiliza unicamente o material dos vídeos e usa as túas palabras para facer os apuntamentos.

Non esquezas responder a estas preguntas:

Como funciona a música? Cal é a relación entre melodía e acordes? Que é un acorde? De que tipos de acordes falan os vídeos? Que é unha escala? Que tipos de escalas aparecen? Cal é a escala máis utilizada na música occidental? Cal é a diferencia entre cromático e diatónico? Que son os intervalos? Que relación hai entre os intervalos e as escalas?

Práctica:

a) Toca unha melodía nun instrumento da túa elección.

b) Aprende a tocar acordes maiores e menores no piano.