Busca aprender "facendo", aplicando os coñecementos teóricos en situacións practias reais, resolvindo problemas e desenvolvendo proxectos.
O obxectivo principal é desenvolver as competencias trasversais: aprender a traballar en equipo, investigar, pensar de xeito crítico, ser autónomos e falar en público.
Temáticas: Variadas e ligadas á actualidade, uso das tecnoloxías, robótica, sustentabilidade ou patrimonio galego. É un espazo práctico deseñado para que os estudantes pasen da teoría á práctica mediante o traballo cooperativo.
OBX1 Concretar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna.
OBX2 Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran.
OBX3 Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais.
3 unidades, unha por trimestre (xenérico)
Unidade 1: Identificación do reto e busca de información (Cada grupo vai detectar un problema do entorno, investigar, analizar fontes e planificar o traballo).
Unidade 2: Deseño, desenvolvemento e traballo en equipo (Fase práctica, a creación do proxecto, experimentación e a resolución de problemas.
Unidade 3: Comunicación, difusión e avaliación do impacto (Exposición dos resultados á comunidade escolar, avaliar o proceso e reflexionar sobre o aprendido).
Bloque B1. Definición de proxectos (Primeiro trimestre)
CA1.1 - Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
CA1.2 - Valorar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
CA1.3 - Identificar e seleccionar a información que se precisa.
CA1.4 - Realizar, de xeito guiado, a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
CA1.5 - Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Bloque B2. Execución de proxectos (Segundo trimestre)
CA2.1 - Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporización prevista.
CA2.2 - Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
CA2.3 - Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
CA2.4 - Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
CA2.5 - Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Bloque B3. Presentación de proxectos
CA3.1 - Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
CA3.2 - Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.3 - Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.4 - Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
CA3.5 - Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Expresarse e comprender en lingua oral e escrita con precisión e adecuación ao contexto.
Comunicarse en máis dunha lingua respectando a diversidade cultural e lingüística.
Aplicar o razoamento matemático e o método científico para resolver problemas reais.
Usar as tecnoloxías de forma crítica, segura e creativa en todos os ámbitos.
Xestionar as emocións, relacionarse e regular a propia aprendizaxe de forma autónoma.
Participar de forma activa, responsable e crítica na vida democrática e social.
Converter ideas en acción con iniciativa, creatividade e capacidade de xestión de proxectos.
Apreciar e crear a través da arte e a cultura valorando a diversidade de manifestacións.
Ademais destas competencias, a Xunta de Galicia establece que en todas as materias se deben incorporar de forma transversal os seguintes contidos e valores:
Comprensión lectora, expresión oral e escrita e comunicación audiovisual.
Fomento do espírito crítico, a investigación e o método científico.
Educación emocional e en valores, incidindo na resolución pacífica de conflitos.
Igualdade de xénero efectiva e a prevención da violencia machista.
Sustentabilidade e ecoloxía en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Emprendimiento social e empresarial.
Creatividade.
Educación para a saúde.