Música 2º 

2023/2024- Ies Illa de Sarón

A miña lista de éxitos da música europea entre 1500 e 1900

Escoita e busca por Internet e aprende e descubre cales son os temas máis recoñecidos deste período ( busca os temas que che gusten máis).

Nun documento de texto fai a túa lista de "superhits" europeos. Organiza a música segundo a clasificación que aparece no artigo da wikipedia: historia de la música. 

Podes ver e escoitar este vídeo para facerte unha idea xeral da historia da música europea.

Indica no teu listado a obra que te gusta e o seu autor, indica a data de nacemento e morte do compositor.

Enlaza a a obra a un vídeo de youtube (como fixemos na clase) e o nome do autor ó artigo da wikipedia. Indica o período da historia da música o que pertence.

Para crear enlaces 

Primeiro selecciona e copia co botón dereito (ctrl+c) a dirección de wikipedia. 

Exemplo: https://es.wikipedia.org/wiki/Wolfgang_Amadeus_Mozart

Ou a dirección do vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=-zpKQFyp79Y

Tamén podes facer click no botón compartir que hai debaixo do vídeo e compiar a dirección que nos da,

como por exemplo: https://youtu.be/-zpKQFyp79Y.

Despois, para crear en LibreOffice  ligazóns, seleccionamos co rato o texto que queremos enlazar e facemos click en  Insertar > hiperenlace (ctrl+alt+k)  e pegamos (ctrl+v) a dirección copiada en URL. Pulsamos en aceptar e se queredes probar se funciona solo hai que facer click no texto pulsando a tecla control ó mesmo tempo. 

Un exemplo de como debería ser o traballo:

A primeira obra na que pensei é as catro estacións, mirando en wikipeida, descubrín que foron compostas sobre o ano 1721, no artigo da historia da música descubro que pertence o período chamado Barroco tardío, dentro do período Barroco que a súa vez forma parte do que chamamos música clásica, e 'voilà' xa teño o meu primeiro 'hit':

Barroco

"As catro estacións" de Antonio Vivaldi  (1678-1741)


Como vedes, tamén fixen un enlace ó período da música ó que pertence e ó artigo da wikipedia das catro estacións, no é obrigatorio pero queda máis chulo ;) Ademais no artigo da wikipedia aparece tamén a música. 

Buscade polo menos dez super-éxitos en orde cronolóxico (do máis antigo ó máis novo) e indicando o seu período da historia da música.

Outra cousa que me gusta da música clásica é que está libre de dereitos de autor e que podo enlazar, copiar, etc de forma libre. Déixovos aquí un enlace a Wikimedia Commons do outono, a parte que máis me gusta desta obra:

             Enlace ó arquivo: Otono, as catro estacións de Antonio Vivaldi.  

        Pódelo descargar co botón dereito do rato, pásao ;)

Instrucións de presentación (Pendente)

A música de Santi:


Mira o videotitorial de Santi, toma nota e completa os teus apuntamentos. Non deixes de anotar a clasificación da música clásica (os diferentes períodos) e os nomes correctos das obras e autores.

O temazo

Facemos con reaper un tema mesturando sons en bucle.

O material de traballo está na aula virtual e na nube.

Escoita e vota as tres mellores cancións.

Instruccións: Indica o teu nome e apelidos, non podes votar a túa canción, tes que votar tres temas diferentes en orde de preferencia. Soamente podes votar unha vez.


2º A - Escoita os temas - Vota polas tres cancións que máis che gustaron. 2ºA

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

2º B - Escoita os temas - Vota polas tres cancións que máis che gustaron. 2º B


O son do Ar e a Danza do oso

Aprendemos a escribir e a leer unha partitura con Musescore.

Aprendemos a tocar unha canción.

O material de traballo está na aula virtual e na nube.