Música 3º

2020/2012- Ies Illa de Sarón

Segundo trimestre

1.- Traballo acústica:

Traballo Individual - Instrucións:

Imos facer un traballo de investigación.

Prema no enlace de máis abaixo para ver as instrucións do traballo.

Le a modo, varias veces se é necesario ata que o entendas.

Se estás na casa podes contactar co teu profesor por correo electrónico:

illadesaron.fr3@gmail.com

Non lle teñas medo ós vídeos, algúns son moi divertidos ;)

Lembrade facer o traballo en formato odt (texto) Libre Office. Presentar en formato pdf. co seguinte formato:

Nome-apelido traballo acústica.pdf

Subir a nube de música (cloud.illadesaron.com) no cartafol 03-Traballo Acústica.


Primeiro trimestre

1.- Harmonía. Individual.


Mira o vídeo de harmonía e acordes moi concentrado, mira tamén os seguintes vídeos: Escalas, Intervalos Acordes, Tonalidade.

Tonalidade e intervalos poden ser difíciles de entender, fíxate nos resumes que fai o autor e quédache soamente co máis básico.

Podes facer un esquema nun folio mentres ves os vídeos, para as veces que necesites e anota as ideas principais.

Finalmente fai un resumen, mínimo un folio. Intenta resumir todo o que aprendiches.

Non esquezas responder a estas preguntas:

Como funciona a música? Cal é a relación entre melodía e acordes? Que é un acorde? De que tipos de acordes falan os vídeos? Que é unha escala? Que tipos de escalas aparecen? Cal é a escala máis utilizada na música occidental? Cal é a diferencia entre cromático e diatónico?

3 sesións.

Fai o traballo en formato odt. Presenta o traballo en formato PDF.

Data entrega: 3 de novembro.

Correo electr.

Asunto: Traballo harmonia * o teu nome *

El Señor de los Anillos - Análisis de la banda sonora - Jaime Altozano


AUTOCHORDS - Proba secuencias de acordes online.