10 xuño.
Presentación da campaña (individual). Por escrito (a man).
16 de xuño.
Presentación do cartel da campaña (grupo/individual).
A xustificació do cartel entrégase escrito a man xunto co boceto individual e o do grupo (É posible adxuntar a xustificación no pdf do cartel.
O cartel preséntase en formato pdf o jpg listo para imprimir, no cartafol da nube: 06-Campaña publicitaria indicando no nome do arquivo os nomes dos participantes. No cartafol 05 MATERIAIS CAMPAÑA. Tedes unha plantilla en formato odt en A3.
Obxectivo:
Facer un cartel publicitario en A3, un anuncio de radio de menos un minuto. Os carteis colocaranse polo centro os sons na páxina web.
Respecto e coidado dos bens públicos do centro.
Romper estereotipos. Podes cambiar.
Campaña dirixida ó profesorado para evitar o exceso de presión e estrés no alumnado.
Capacidade de decisión, aspiración, liberdade.
Polarización: falta de comunicación entre a xente que nos separa. Fomentar o diálogo e o respecto entre as persoas.
Medo o futuro, ignorados, autoestima baixa. Ver o futuro doutro xeito defensa da esperanza contra o pesimismo.
Grupo 1. Érica, Oliva, Brais > Polarización: Tarjet: Comunidade escolar.
Grupo 2. Paula, Ana, Sara > Mellorar a autoestima. Tarjet: alumnado.
Grupo 3. Aroa, Lucía, Melany > Menos presión. Tarjet: Profesorado.
Grupo 4. Unai, Gabrial, Marcos > Romper estereotipos. Tarjet: Alumnado/comunidade escolar.
Grupo 5. Jonathan, Xabi, Víctor > Coidado das instalacións do centro. Tarjet: Todo o alumnado.
Grupo 6. Xoel, Víctor, Énio > Respecto alumnado. Tarjet. Alumando centro.
Ter en conta os apuntamentos. Usamos esquema feito.
É imprescindible asociar co seguinte:
Historia da publicidade.
UPS - Proposta exclusiva.
Estratexias e funcións da publicidade.
Emoción (motivación inconsciente)
Elixir tema da campaña.
Target : A quen vai dirixida esta campaña.
Que queremos expresar, como o queremos facer, a que emoción queremos recorrer, cal é a mensaxe exclusiva que queremos transmitir e a proposta única de ventas (asociando apuntamentos).
Brain storming para buscar ideas.
Plasmar as ideas para a campaña por escrito (individual) con referencias ós apuntamentos.
Exemplo de xustificación individual.
Idea do cartel. Xustificación apuntamentos. Que aportaches ti que aportaron os teus compañeiros.
Boceto (individual)
Resume do proceso da creación do cartel, indicando que aporta cada membro.
Logo da campaña, pódelo descargar dende a nube de EPVA. (05-MATERIAIS CAMPAÑA)
Lembra falar do logo e do texto na xustificación da campaña tanto individual como de grupo.
Lembrade que tedes unha plantilla para a presentación do cartel.
Nota de grupo 25% da nota do trimestre.
Boceto definitivo do grupo aportando ideas de todos os membros.
Explicación do cartel asociado cos apuntamentos (estratexias, funcións, motivación inconsciente, logotipo do cartel, tipo de logotipo, UPS, Proposta exclusiva).
O logotipo da campaña está na nube de francés descargar e incluir no cartel. (05-MATERIAIS CAMPAÑA)
Cartel. Fotografía + texto + logo.
A fotografía ten que ter unha resolución maior o igual a 8 megapíxeles (3508x2480).
Resume do proceso da creación do cartel, indicando que aporta cada membro (individual) formato pdf.
Presentar na nube de EPVA en formato pdf, incluíndo o arquivo de imaxe listo para imprimir (en formato A3) e a explicación do grupo. A explicación tamén se pode entregar en papel segun conveña xunto co boceto de grupo.
ESTA ACTIVIDADE QUEDA ANULADA POR FALTA DE TEMPO
Menor de un minuto
Idea (brain storming), xustificación.
Guión cuña.
Grabación en formato mp3. Audacity.
Exemplo de guión:
CUÑA DE RADIO
(BULLING)
Entrada:
[Ton de tensión forte PP, e 3P logo de 2” (Fade Out) cando comeza o son da xente falando no instituto (2P).]
[5 segundos antes de comezar a falar, son de barullo de alumnos rematando 1 segundo antes de comezar o diálogo.]
Abraham: ”Diego, 11 anos, un dos 246 millóns de vítimas do bulling adolescente.”
Alba: “E ti? Como te sentirías?”
Santos: “Non o cales!”
Abel: “Non o fagas!”
[Medio segundo despois de rematar de falar acaba o son de tensión.]
PP Indica primer plano (o son máis forte que se escoita)
2P (segundo plano)
3P (terceiro plano ...)
Entre corchetes as indicacións tećnicas []
O día 26 de maio faremos unha proba escrita sobre a publicidade.
Para facer a proba podes utilizar un esquema (nunha cara dun folio) dos apuntamentos que fixeches na clase.
É obrigatorio aportar unha publicidade (extraída dun xornal, revista, impresa co ordenador) dun anuncio publicitario para analizar en clase. En caso de non traela perderás un 20% da nota.
Ábrese o prazo de revisión das fotografías ata o venres 24 de abril ás 20:00, podes facer as túas modificacións na nube.
As fotos non entregadas engadidas considéranse como recuperación.
As correccións (info EXIF) non baixan nota.
Ana: Prazo de entrega 19 de maio ás 14h30.
Actividade obrigatoria:
Sube á nube no cartafol co teu nome dentro de "04-TRABALLO FOTOGRAFÍA(OBRIGATORIO)" cinco/seis fotografías:
1) Artística-ritmo: Unha foto artística que use como motivo o ritmo ou a perspectiva. (Nome do arquivo artistica-o meu nome.jpg) (Exemplo: artistica-alberto.jpg
2) Macro: Unha fotografía tipo macro dun obxeto pequeno (usa unha lupa!!) (Nome do arquivo macro-o meu nome.jpg) (Exemplo: macro-alberto.jpg)
3) Tempo: Unha fotografía xogando co tempo. Tempo conxelado ou "movido". (Nome do arquivo tempo-o meu nome.jpg) (Exemplo: tempo-alberto.jpg)
4) Profundidade de campo. Unha ou idealmente dúas fotos xogando coa profundidade de campo unha co fondo desenfocado e outra sen o fondo desenfocado. (Nome do arquivo campo-o meu nome.jpg) (Exemplo: campo-alberto1.jpg - campo-alberto2.jpg).
5) Tema libre. Unha foto de tema libre, deixa voar a túa imaxinación. (Nome do arquivo libre-o meu nome.jpg) (Exemplo: libre-alberto.jpg)
A data máxima de entrega é o día 21 de abril as 14:30 horas. As fotografías presentadas despois considéranse como recuperación.
As fotografías non poden ser editadas, deben conservar a información EXIF e estar no formato orixinal da cámara, preferiblemente en jpg.
Respecta todas estas instrucións para levar a nota máxima.
Presentación fotografía (pdf).
Simuladores de cámara fotográfica:
Simulador de cámara fotográfica (varios idiomas)
Simulador de cámara fotográfica 2 (eng)
Album de fotografías feito polo alumnado do IES Illa de Sarón.
Presentación cerámica. Orixe, técnicas de modelado, decoración e cocción.
Avaliación da parte da cerámica:
O obxectivo é facer dúas pezas cerámicas.
Unha delas será modelada (pode incluír outras técnicas) e de carácter artístico. Pode ser unha cara, unha figura humana, animal... Valorarase o traballo, o uso de diferentes técnicas, a decoración (engobe, textura) e o 'bruñido' e o seu realismo.
A segunda peza será de carácter utilitario. Un recipiente usando calquera das técnicas (ou varias) aprendidas. Valorarase así mesmo a execución, a decoración e a dificultade de realización.
Valorarase así mesmo a actitude e o traballo na aula e o respecto das consignas dadas polo profesor.
Ambos traballos serán xustificados teoricamente posteriormente.
Este trimestre aprenderemos a debuxar.
Se queres saber máis podes ler "NUEVO APRENDER A DIBUJAR CON EL LADO DERECHO DEL CEREBRO" Betty Edwards
Debuxo de contornos concisos (Explicación) (Outra explicación con exemplos)
Avaliación:
Pon o teu nome e apelidos na parte de atrás da lámina. (Traballo sen nome perde 1 punto).
Responde a estas preguntas por la parte de atrás do debuxo ou nun folio a parte (25% da nota da tarefa):
Nota razoada. Indica a nota que pensas que poderías levar e xustifícaa.
Por que non debo falar e é necesario illarse cando debuxo?
Que parte do cerebro utilizamos cando debuxamos?
Por que é importante non utilizar símbolos cando fago un debuxo realista?
Para que sirve facer o debuxo de contornos concisos?
É OBRIGATORIO RESPONDER A TODAS AS PREGUNTAS.
Este traballo ten nota dobre. Vale por dous.
Retratos de El Fayum (wikipedia) - Los rostros del Egipto romano
Este traballo ten nota dobre. Vale por dous.
Avaliación:
Pon o teu nome e apelidos na lánmina. (Traballo sen nome perde 1 punto).
Nun folio a parte (incluíndo o teu nome e apelidos) responde a estas preguntas (25% da nota da tarefa):
Nota razoada. Indica a nota que pensas que poderías levar e xustifícaa.
Cales son as fases polas que pasamos na aprendizaxe do debuxo?
En que fase da aprendizaxe do debuxo te atopas ti. Xustifícao.
Fai un breve resume do que aprendiches este trimestre.
É OBRIGATORIO RESPONDER A TODAS AS PREGUNTAS.
Este traballo ten nota dobre. Vale por dous.