MÚSICA TRABALLO D.A.W (Avaliación)
Avaliación e contidos:
40% Organización das pistas gravadas na clase
Unha organización orixinal: A mestura será diferente ó que gravamos na clase e entregou o profesor.
Preferiblemente empezará con poucos instrumentos ós que se irán engadindo outros. Terá unha "parada", con poucos instrumentos cerca do final do tema e terá un final con moitos instrumentos.
20% Engadir instrumentos virtuais MIDI
Unha mestura orixinal terá instrumentos MIDI diferentes engadindo instrumentos virtuais e copiando e pegando as pistas MIDI.
10% Engadir novas notas co teclado MIDI ou editando unha pista MIDI.
As notas serán asignadas a un instrumento virtual.
Terase en conta usar a partitura da canción para engadir novas notas.
20% Engadir EFECTOS e mestura final.
Para que o traballo estea ben feito é necesario engadir efectos ós distintos instrumentos.
Por exemplo compresores nas pistas de son (baixo, xilófonos, ...) Reverb, Chorus, Ecos, e calquera outro dos vistos na clase.
Tamén é preciso mesturar os instrumentos co mesturador e valorarase positivamente o uso do balance (panorama) nas diferentes pistas para reforzar o son estereofónico.
Exportar a mestura e masterización.
Finalmente exportaremos o son en formato WAV a 16 bits estéreo e 44100 Khz.
Tamén masterizaremos a canción para que a canción soe ben utilizando un compresor.
Finalmente normalizaremos a 0 db.
10% Respectar as instrucións do traballo.
Xustificación do traballo:
Xunto co arquivo WAV (16bit - 44.100) engadiremos un arquivo de texto coa explicación pormenorizada do que fixemos.
Nela explicaremos como se fixo a mestura e intentaremos en todo momento xustificar o que fixemos co aprendido na clase.
Por exemplo.: Usei o compresor co baixo porque o compresor reduce a dinámica e así podo subir máis o volume do baixo sen que sature.
Incluiremos polo menos dúas capturas de pantalla:
Unha na que se vexan toda a liña do tempo coa organización da canción.
E outra na que se vexa o mesturador (mentres reproduce a canción) e os instrumentos virtuais.
Finalmente incluiremos a nota que pensamos que temos e a xustificaremos como facemos sempre.
A presentación deste traballo é imprescindible para obter unha cualificación positiva.
Presentación do traballo:
O traballo presentarase comprimido en formato zip.
No arquivo comprimido incluiremos o arquivo WAV coa canción mesturada e o arquivo PDF coa explicación do traballo. Engadiremos tamén as dúas capturas de pantalla en formato png.
Indicaremos o noso nome e apelidos en todos os documentos máis a palabra "DAW"
Copiaremos o arquivo zip á nube no prazo acordado na clase.