Francisco Xavier Vázquez Álvarez (Santiago de Compostela, 1957) é licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina (1982) pol Universidade de Santiago de Compostela. Cando rematou a carreira foi ao servizo militar. Cando o rematou, atopou traballo como observador científico a bordo dun barco de pesca de Vigo. Despois visitou o Ártico nas augas do norte de Noruega. Leva vivindo dende o 1989 en Bruselas. O biólogo fala sobre os perigos que axexan aos seres vivos mariños.
—Estudaches Bioloxía e Medicina. Que che inspirou para estudar estas profesións?
—Eu era un neno coma vós cando empezei a ir á aldea todos os veráns, e a min gustábame moito a natureza e vía moita xente por alí que enfermaba por cuestións hixénicas ou de alimentación. Eu pensei que me gustarí saber como curar as enfermidades. Por que estudei as dúas ao mesmo tempo? Coma meu pai non tiña cartos para pagarme máis ca unha, non as dúas, eu decidín pola miña banda pagarme unha das carreiras, a a de bioloxía, e meu pai pagoume a de medicina, porque dixo que era un pouco máis seria. Eran outros tempos e a xente pensaba así, desa maneira.
—A mediados dos anos 80 estiveches embarcado nas augas de Terranova e do Ártico. De que maneira che marcou esta experiencia para facer o teu traballo actual en Bruselas?
—Eu, chegado o final da carreira, fun ao servizo militar, ao que daquela tiñamos que ir os homes mentres que as mulleres facían unha especie de cousa que se chamaba servizo social. Entón, ao regresar, non había traballo. Atopei un como observador científico abordo dun barco de pesca de Vigo que pescaba bacallau en Terranova. Alí estiven varias veces. Tres mesese despois visitei o Ártico, nas augas do norte de Noruega. Aquilo para min foi unha experiencia moi importante, porque ademais de coñecer a pesca, coñecín a vida dos mariñeiros, coñecin o mar, coñecin a linguaxe dos mariñeiros e tamén puiden ver no seu medio ambiente, por exemplo, focas, morsas, tiburóns boreais e moitísimas baleas. Lembro estar en Terranova, mirar toda a contorna do barco e o que se vían eran 50 chafarices das baleas, navegandoo entre montañas de xeo e icebergs. Foi unha cousa moi interesante. Pasei tamén unha tormenta tropical abordo dun barco, o que se chama ciclón, un tifón. Pasamos moito medo, pero moitísimo, porqueaquilo movíase por todas partes. Para min significou un coñecemento moi grande da natureza e axudoume moito para o meu traballo posterior, é decir, eu non só visitei esas zonas, senón que tamén, despois, con outra categoría en vez de ser observador científico, eu ía de controlador dos barcos. Polo tanto, estiven traballando case outros 6 ou 7 anos de controlador dos barcos, indo a bordo de barcos rusos, xaponeses, portugueses, españois por suposto, e das Illas Faroe. Entón, foi unha experiencia moi interesante que marcou o resto da miña vida.
—En qué consiste o teu traballo e que fas nun día normal?
—Como algo xa expliquei, o meu traballo foi mudando co paso dos anos. Eu agora xa son un tipo un pouco maior, teño 63 anos e medio, xa podes ver que ben pronto me vou retirar, xa non podo andar saltando dunha zodiac a un barco e subindo as escaleiras de gato pola borda, polo que agora traballo máis ben na oficina e, como teño coñecementos científicos e legais, adícome á xestión das pescas a nivel internacional. Agora estou traballando niso dende hai 4 anos, pero antes pasei por outros departamentos. Actualmente traballo con atúns de augas temperadas, que serían o bonito máis o atún vermello, aínda que tamén estou nunha asociación internacional, na Unión Europea, a Organización dos Atúns do Atlántico. Nela, por exemplo, a semana pasada tivemos dende o martes ao venres unha conferencia internacional con máis de 20 países, entre os que estaban Xapón Estados Unidos, Canadá, Marrocos, Arxelia ou Turquía. Alí discutimos os plans de pesca de todos eses países para este ano. O meu traballo é un traballo de xestión un pouco aburrido porque se trata de ler, de escribir e de dialogar con outros países. Normalmente traballamos en inglés., Por iso estou falando galego agora, porque non teño moitas oportunidades, xa que no meu traballo, todo, practicamente todo, agás cando falo con algún colega en francés ou en español, falamos todo o día en ingles, porque é a lingua común que podemos ter con outros países do mundo, a lingua de comunicación.gora, dende hai un ano, estamos en teletraballo; imaxínate o traballo de prender o ordenador pola mañá e ver o que hai, ver cales son as demandas que pode haber. Ée dicir, ós sabedes que cando falan os políticos non se escriben eles os discursos, escribímosllos nós. Cando o parlamento fai unha pregunta, non a contesta o político de turno, contestámolas nós. Entón, ese é, basicamente, o traballo de pasar a lexislación internacional á lexislación europea, o meu traballo de todos os días.
—Cales son as maiores causas de que algunhas especies de animais mariños se vexan en perigo?
—Hai causas comúns coas especies terrestres. É dicir, que tampouco hai unha diferenza maior entre as mariñas e as terrestres, agás unha cousa que che vou comentar agora: a contaminación dos ríos que van a dar aos mares e dos propios mares, contaminación que case sempre ten detrás unha orixe humana, é dicir, antropocéntrica, o que significa quer somos nós os que contaminamos os ríos e os mares de diversas maneiras, tanto a nivel invididual cun pouco de desleixo no propio tratamento dos residuos, como a nivel colectivo cando, por exemplo, facemos extracción de petróleo nos fondos mariños ou cando facemos minería nos centros mariños. A contaminación é moi moi importante, porque afecta a toda a cadea trófica, desde o placton ata os máximos predadores que pode haber na cadena alimenticia. Tamén está o cambio climático, do cal despois falamos un pouco máis. O cambio climático é algo que afecta á distribución das especies, algunhas delas, polo que está afectando tamén ao equilibrio dos distintos ecosistemas. E, despois, hai un tema específico que se refire ao mar e á sobrepesca: os peixes, moluscos e crustáceos, que son o que pescamos nós habitualmente para consumir, e algunhas outras especies, como algas e outros tipos de invertebrados, que nalgunhas ocasiónspescamos máis aló dos límites da reproductivilidade; é dicir, unha especie vai tendo novas xeracións e vaise renovando; entón, hai uns límites marcados de biomasa que poderiamos sacar desa especie, pero ás veces pásanse por diversos motivos, e entón hai a sobrepesca á que podemos chamar estructural, que se produce regularmente. Tamén está a sobrepesca que se produce de xeito ilegal con barcos que están con bandeiras de países de conveniencia, que normalmente coinciden cos paraísos fiscais, como Panamá, das Antillas Holandesas, de certos países que teñen lexislación que permite aos barcos pescar sen control. Entón, o gran problema da sobrepesca é que resulta moi díficil de controlar, sobre todo cando se fai en alta mar, fóra das augas xurisdicionais de distintos países. Eses son basicamente os tres perigos máis grandes: a contaminación, o cambio climático e a sobrepesca. Sobre eles poderiamos dicir que temos un posible control, podendo influír máis na redución da contaminación e na redución da sobrepesca. A modificación do cambio climático é algo bastante máis complexo, porque depende de toda a nosa actividade como humáns, sobre todo no que ten que ver coa actividade industrial
—En relación ao quecemento global, cómo afecta ás especies mariñas?
—En primeiro lugar, debería explicar un pouco que é o quecemento global, porque de cando en vez nevae algunha persoa rise e di: “Non se estaba quecendo o planeta? Porque, mira, está nevando e fai -20 ºC”. Hai que distinguir entre dúas cousas: o tempo de cada un dos días e o que se chama quecemento global, que é unha tendencia; é dicir, que aínda que haxa días que chova, que faga frío, que faga calor, o que se está notando nos últimos tempos é unha tendencia. Prevese que ate o ano 2050 faga 1 grao de aumento da temperatura a nivel global, e non digo a nivel mundial porque nalgúns lugares vai facer máis frío e noutros máis calor. Que cambia nas especies mariñas? Hai dúas cousas fundamentais: o incremento da temperatura da auga en certos lugares, dependendo das correntes mariñas, o que levaría un desprazamento das especies que, no caso nas nosas costas, sería desprazamento de especies que veñen do sur ao norte, especies que antes estaban nas augas de Gambia, Senegal ou Marrocos e que agora se atopan en augas de Portugal e pronto se atoparán en augas de Galicia. Isto o que fai é modificar o equilibrio do ecosistema, creando circunstancias impredecibles. Por outra banda, hai outra cousa máis preocupante a nivel do cambio climático, que é a acidificación das augas do mar. Isto produce efectos moi importantes en organismos que están máis abaixo na cadena trófica como, por exemplo, os corais ou os animais con cuncha. Iso está creando que nalgúns lugares do mundo estean desaparecendo os corais.A máis importante é a Gran Barreira Coralina Australiana que, debido á acidificación das augas, está retrocedendo, debido a que están morrendo os corais. Entón, ti dirás: Que importancia ten que se morran os corais? Pois cando hai algo tan fráxil como é o equilibro do ecosistema, que un dos compoñentes do escosistema teña un problema, desequilibra todo o entramado. Os peixes que comían os corais desaparecerán, porque desapareceron os corais; se desaparecen os peixes que comían os corais, os peixes que comían aos anterioresl van minguar. Entón, o problema maior do cambio climático é o desequilibrio dos ecosistemas.
—Aquí en Santiago e noutros sitios vemos que os ríos non chegan moi limpos ao mar. Como afecta esta polución ás especies mariñas, sobre todo nas rías?
—En principio, que os ríos chegen contaminados afecta primariamente ás especies que viven no río e, sobre todo, a aquelas especies que fan o tránsito entre o río e o mar. Vós sabedes que hai especies que se chaman catádromas e anádromas, segundo teñan a súa reproducción. Por exemplo, as troitas viven no río, pero os salmóns e as anguías viven no mar e no río. Entón, se o río está contaminado, non regresan a el, non regresan ao río onde nacen e non se reproducen, o que fai que disminúa a súa abundancia. Outro exemplo é o mexillón de río, que é unha especie autóctona aquí en Galicia, moi importante porque dá unha imaxe da pureza das augas. Eu me lembro de cando era pequeno e me ía bañar en Pazos, fronte a Padrón, no río Sar; había mexillóns alí no río entón Agora non están alí, porque os mexillóns de río teñen unha etapa larvaria que pasa nas branquias das troitas, pero se non hai troitas, as larvas de mexillón non teñen onde asentarse para desenvolverse e non poden vivir. Entón, por suposto, hai un fluxo importante de substancias que van do río ao mar. No noso caso o que pasa nas rías ten moita influencia. Non sei se víchedes hai uns días, nos xornais, a grande mortalidade que hubo de moluscos na ría de Arousa,que foi debida aos incrementos da cantidade de auga doce; se chove moito, independentemente de que a auga vaia contaminada ou non, cambia a salinidade das rías, o que fai que certas especies non podan seguir vivindo. Se a isto lle engadimos que están chegando unha serie de tóxicos que veñen das augas dos ríos, pois fai que a vida nas proximidades do esteiro se faga máis complexa, porque, ademais, se produce un fenómeno que se chama eutrofización, na cal se van depositando capas de depósitos con contaminantes no fondo da ría. Temos sorte, de tódos xeitos, que vivimos no Atlántico onde as correntes mariñas e o tempo fan que a circulación da auga das rías sexa moi potente e que se estean limpando continuamente coa auga que ven dende o fondo do mar e a auga que traen os grandes temporais. Entón, é importante manter os ríos con boa saúde, coas augas prístinas e o máis limpas posibles. Para iso hai 2 tipos de traballos: o invididual, un a nivel persoal responsabilizarse de non facer vertidos; e o traballo colectivo, entre aspas político, pois nós temos que facer presión aos nosos gobernantes para que poñan todos os medios posibles para que os ríos vaian limpos: depuradoras, evitar o vertido de substancias tóxicas das empresas, etc.
—Outro tipo de contaminación son os plásticos e os microplásticos. Como afecta á fauna mariña e tamén aos seres vivos que consumen productos da pesca?
—Eu diría que os macroplásticos, como por exemplo as bolsas ou os que sustentan paquetes de seis unidades de refrescos poderíamos dicir que son máis visibles e afectan máis directamente a aqueles organismos que viven na superficie do mar, como por exemplo as tartarugas, que veñen procedentes de dúas correntes ate as nosas costas; unha é a do Golfo de México que atravesa o Océano Atlántico e veñen “flotando” por unha especie de río de auga que ven por aí. Entón, as tartarugas, ás que lle gusta moito comer medusas, atopan unha bolsa de plástico dun supermercado flotando e elas identifícana como unha medusa, polo que vai e a comela e quédaselle no estómago e ten problemas de alimentación. Pasa o mesmo coas baleas ou os golfiños, que van coa boca aberta e engulen cousas que lle resulten atractivas pola color, pola forma ou pola textura. Pero eu creo que son tan, ou máis, perigosos os microplásticos. Os plásticos son moléculas, ou sexa, hai moléculas de plástico, e cada unha desas pequenas moléculas quédase flotando no auga. Teñen tres problemas fundamentais: un, as moléculas de plástico poden absorber substancias e a elas pódense pegar outras substancias perigosas; despois, están, normalmente, integradas na capa de plancton á superficie do mar, onde hai moitas especies que se alimentan de placton, como por exemplo as sardiñas, que non comen outra cousa que plancton. Elas cando estan comendo sorben e filtran, e entón non son quen de distinguir entre aspas no caldo que hai na superficie de auga onde está todo o plancton, o citoplancton e o zoplancton, pero tamén están as micro esferas de plástico. Comen, sácianse e senten que están cheas cun 30 por cento de materia que non poden asimilar, como son os plásticos, o que produce unha redución no crecemento desas especies. Tamén se produce unha diminución na capacidade reproductiva. Nalgunhas zonas estaredes vendo que están, non desaparecendo, senón minguando especies que viven na superficie e aliméntanse de plancton. Claro, esas partículas de plástico pasan polo sangue e poden producir esferas de absorción e inducir aos capilares sanguíneos e, polo tanto, poden producir fenómenos asociados á trombosis nos humáns. Neles, a cantidade vaise acumulando conforme vamos medrando na cadena trófica, dende as sardiñas, os peixes que comen as sardiñas e nós, que comemos as sardiñas e os peixes que comen as sardiñas, de maneira que chega un momento que é realmente perigoso, tanto polos propios plásticos como polas substancias que poden ir adheridas a eles, como son os metais pesados, como o cadmio ou o chumbo.
—Outro problema do que falaban os ecoloxistas é a pesca excesiva. Que se está facendo desde as institucións para evitalo e como debería ser esa pesca?
—Eu podería falarche a nivel da Unión Europea, onde existen toda unha serie de regulamentos que se chaman Regulamentos para Controlar a Pesca Ilegal, que o que fan as institucións europeas é visitar os países dos cales importamos ese peixe para ver se eses países, imaxínate Camboia, Brasil ou Tailandia, se cumpren cos requisitos da pesca que están facendo; se é legal ou non vai alén do que son os regulamentos internacionais. Porque si se demostra que un deses países ten un problema de control das súas propias pescas, existe un sistema de tarxetas, como si estiveramos no fútbol, amarela e vermella, co cal na amarela os avisamos de que teñen que facer cambios e na vermella decímoslles que se seguen pescando desa maneira incontrolada non vamos a importar peixe. Despois, a nivel europeo, a nivel dos nosos propios pescadores, tamén hai toda unha serie de mecanismos de control para evitar que se produzan esas situacións. De feito, cando se detecta unha pesca ilegal, normalmente as multas que se poñen multiplican por cinco o valor da cantidade pescada de máis.
—O ano pasado, por que cres que se achegaron tantos mamíferos mariños que non soen facelo ás costas galegas?
—Hai dúas explicacións, aínda que non é a primeira vez que se atopan mamíferos mariños nas costas galegas. De feito, aquí houbo unha pesquería importante de baleas xa dende o século XVI en pequenos portos da Costa da Morte, como Callón ou Camariñas, onde había pesquerías dedicadas á pesca das baleas, porque estas, nas suas migracions anuais, pasan sempre polas costas galegas, máis ou menos afastadas, dependendo de varios factores. Un deles é a potencia que teñan as correntes mariñas; o segundo factor, que ten que ver quizais co quencemento climático, é o incremento de temperatura, porque o incremento de temperatura en certos lugares produce unha explosión de plancton e, polo tanto, hai especies como as sardiñas, anchoas e outro tipo de especies de peixe miúdo, que son atractivas para os mamíferos mariños; entón, se hai moita concentración desas especies, eles acuden a ese lugar. E despois, podería ter que ver tamén co tráfico marítimo; a diminución que houbo de tráfico marítimo durante o período da COVID, porque había portos pechados, ralentizou este tráfico internacional, fixo que o corredor que hai por fóra de Fisterra disminuíra a súa cantidade de barcos e, polo tanto, producira a posibilidade de que os mamíferos se achegaran máis ás costas.
—Cales son os animais mariños con máis posibilidades de extinguirse na actualidade e por que?
—Por unha parte, depende da razón. Se estamos a falar sobre a sobrepesca, os máis proclives serían aqueles que tiveran un valor comercial maior, como por exemplo os tiburóns, que podemos pensar que o seu valor comercial é baixo, pero o valor comercial dos tiburóns está nas aletas, que teñen un valor cinco veces maior que o da carne e expórtanse todas de Vigo ate Hong Kong. É dicir, se o precio do tiburón son cinco euros o kilo, máis ou menos, o precio das aletas son vintecinco euros o kilo.Polo tanto, poderiamos dicir que hai unha presión importante polo valor comercial. Por outra banda, están as outras especies que sufren por mor da acidificación da que falamos antes. Tanto unha como a outra están nos extremos. Por unha parte, están os corais ou as madréporas e, por outra parte, están os super predadores, que serían as baleas, os mamíferos mariños e os tiburóns, que son os que teñen máis probabilidades, non tanto de extinguirse a curto prazo, senón de ver mermado o volume da súa especie.
—Cales poderían ser as consecuencias da extinción dalgúns seres vivos mariños?
— Imaxínate que tes un ecosistema que esté equilibrado e un puzzle ben construído con todas as súas pezas, ou un mecanismo de reloxería. Entón, se a un puzzle lle quitas unha peza, hai un desequilibrio; se a un reloxo lle quitas algún parafuso, ou lle quitas algún resorte, tamén vai haber un desequilibrio. Pois isto mesmo ocorre se desaparece unha especie. Digamos que as especies que dependían ou tiñan relación con outra, tanto os que as consumían como ásque eles consumían, van sufrir un desequilibrio. Polo tanto, non se pode dicir matematicamente que vai ocorrer, pero o que si se pode dicir, é que vai acontecer un desequilibrio e, normalmente, del aparecen consecuencias “impredecibles”.
—Que consellos darías á xente para ter hábitos que sexan menos daniños co medio ambiente acuático?
—Primeiro, hai hábitos de consumo, é dicir, ti antes de comer un peixe ou un marisco, por exemplo, debes de pensar se está en veda, se está en perigo de extinción, se é sensible.Se hai unha especie que está en veda, como ocorre coas centolas, que non se poden pescar no mes de agosto e setembro, pois ti non vas consumir algo que non se pode, porque ti estás favorecendo unha pesca ilegal. Polo tanto, ti podes actuar contra a pesca ilegal non mercando cousas que non se poden mercar nesa época determinada do ano. Por outra parte, hai que facer un consumo sostible, un consumo racional, para non potenciar a pesca ilegal. E, por outra banda, hai que tratar, na medida tanto individual como colectiva, de diminuír a contaminación dos mares e a dos ríos. A nivel individual, xerando o menor número de residuos, reciclando o máximo posible as cousas que se poidan reciclar, como os plásticos, o papel, os envases e o vidro. É moi importante, tanto a nivel individual como a nivel colectivo; no primeirol porque a suma das individualidades ten unha función; e a nivel colectivo, porque para iso está a administración e para iso está a politica, para que os cidadáns responsables apoien as opcións políticas responsables. Entre iso e uns acordos internacionais como está a haber agora, as conferencias sobre o cambio climático e outras, como as que protexen a biodiversidade, outras máis que as pifias polas Nacións Unidas. Hai que actuar a varios niveis: invididual, social e de política internacional. E a nivel individual, como dixen, consumo sostible, sendo responsable e evitando a produción de contaminantes e reciclar o máximo que se poida reciclar.