vía Mancomún: Últimas novas el 31/10/11
O vindeiro sábado 12 de novembro, de 10:00 a 19:30 horas, a Asociación Trasno celebrará a terceira edición das Trasnadas, desta volta na cidade de Vigo, logo de térense celebrado as dúas edicións anteriores na vila de Ordes e en Ourense respectivamente.
A Trasnada é unha xornada de carácter cíclico, que serve de punto de encontro para os tradutores de software libre ao galego, con dous obxectivos fundamentais: fixar terminoloxía no ámbito da tradución para aumentar a calidade das tradución e servir de escaparate ao expor ao público o traballo destes voluntarios a prol da normalización da lingua galega nas tecnoloxías libres. Habitualmente resérvase tamén un espazo para a difusión e formación de novos interesados en colaborar na localización.
(...)
Todos coñeceredes o mítico mando inalámbrico que se conecta ao PC e que vén cun punteiro láser (normalmente o máis cutre que un poida atopar) e que nos serve para controlar as presentacións, avanzar diapositivas ou executar animacións, e á vez sinalar co punteiro para resaltar certas cousas. O problema é que a maioría das veces que queremos expor unha presentación, carecemos do mando, ben porque se perdeu, ben porque se nos esqueceu, ou directamente carecemos dun.
Navegando por bitelia atopei unha aplicación que nos pode salvar a vida máis dunha vez. mOOo é unha pequena aplicación java que nos permitirá controlar as nosas presentacións de Open Office a través dun teléfono móbil con bluetooth . Só necesitamos un receptor USB compatible, ter instalado Open Office no PC, instalar o software e estará funcionando. Unha boa solución para substituír aos mandos ou para saír dun apuro.
Podedes descargar tanto a extensión para Open Office como os arquivos instalables en java para o voso teléfono nos seguintes enlaces: