A opción 'galego' ten algúns erros lingüísticos
(< Código Cero
Entroido
Gastronomía de Galicia. Na web da Consellería de Cultura e Turismo
***************************************************************************************************
O restaurante Garum de Santiago, un dos máis innovadores da Compostela vella no que a contido e fondo
se refire, vai tirar partido do seu espazo na rede social Facebook como apoio comunicativo ás súas xornadas de tapas
con conservas ecolóxicas. Máis polo miúdo, trátase dos encontros Bocados de saúde, actividade que contará
co soporte gastronómico da liña Gran Selección de Cabo de Peñas de Vilaboa. As xornadas, que se van desenvolver
do 28 de marzo ao 10 de abril, inclúen accións diversas de presentación e degustación e sorteos de latas
de conservas da dita marca a desenvolver en Internet, máis polo miúdo na páxina de Facebook do Garum.
A actividade do Garum Bistro insírese á súa vez noutro programa de accións, posto en marcha pola Asociación
Gastronómica Galega COMP&GO que integra, nunha única plataforma, a novos cociñeiros, blogueiros-internautas,
enólogos, profesionais da hostalería, produtores ou comunicadores. Todos eles cun interese común: a gastronomía.
*****************************************************************************************************