Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades interactivas: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reproductores mp3 ou flv, etc.
O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e os arquivos necesarios, ahora so precisará un navegador para visionar o contido.
Out. 2010 - Nova versión 5.3 Portable (non precisa de instalación), engadida unha nova actividade interactiva (climogramas) así como a posibilidade de crear máis de 10 tipos distintos de páxinas mulimedia e a "utilidade" de crear "espazos web", comenza así o camiño de Ardora á metodoloxía AJAX. Nova tradución ó francés +info
Ardora é totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Non está permitida a súa descompilación en todo ou en parte.
acceso: http://webardora.net/index_gal.htm
CilenisConxugador, unha ferramenta en liña para conxugar automaticamente os verbos en galego.
A plataforma chega ós nosos equipos da man da empresa galega Cilenis, creada no seo da USC para ofrecer solucións innovadoras nos ámbitos do procesamento da linguaxe natural e a enxeñaría lingüística, que a ofrece de balde.
Exeria é unha aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso da linguaxe linguaxe non sexista. Exeria detecta os termos que poden ter unha utilización sexista e propón diferentes suxestións para a mellora destes usos ( para Linux, Mac, Windows)