1.- Prexuízos (Marta GH)
"Si un tío bueno me habla en gallego me dá un bajón". Esta é unha das perolas da concursante galega do programa Gran Hermano, de Telecinco, quen nunha conversa cunha compañeira fala dos grandes prexuízos que existen co galego. Así di cousas dignas de enmarcar como que fala galego como falaría "spanglish", que só falan galego os nacionalistas de "por cojones", que o galego de aldea "es más bruto" e máis se ten gheada ou seseo, que case non entende o galego de Lugo porque "es muy bruto" e de xente "máis ignorante" e que o do acento é moi difícil de quitar. Escoitar e ver para crer. Fonte Galicia Confidencial
.....................................................................
2.- Análise
Pode a orixe dunha persoa ou a cor da súa pel determinar os seus complexos até obrigar a rexeitalos? O doutor Kenneth Clark demostrouno en 1939 a través dun experimento con nenos afroamericanos. Máis de 70 anos despois a teoría segue viva en Galicia ao fío da polémica en Gran Hermano.
"The Clark Doll Experiment" foi un experimento sociolóxico realizado polo doutor Kenneth Clark e a súa muller Mamie. Pretendían determinar o grado de autoestima da súa condición racial. Por iso reuniron a unha serie de nenos e lle facían elixir entre un boneco de cor branca ou outro de cor negra. Os bonecos eran igual pero a maior parte dos nenos elixiu o branco porque lle parecía máis bonito e menos malo que o negro.
En 2006, a realizadora norteamericana Kiri Daves realizou un documental, "A Girl like me", baseandose nas teorías dos Kenneth, e os resultados foron semellantes.
Caso galego
Aproveitando estas experiencias sociolóxicas, Chema Montero realizou unha montaxe das declaracións da concursante galega de Gran Hermano, Marta López, nas que falaba dos prexuizos que ten como galega.
Nunha conversa con outra concursante sinalaba que "le da un bajón" se un mozo lle fala en galego, que o galego de aldea "es más bruto" pola gheada ou seseo e de xente "máis ignorante" e que o do acento é moi difícil de quitar. Montero compara estas afirmacións cos resultados do experimento das bonecas.
.......................................................
3.1.-
Alfonso Tellado e Marta de "Gran Hermano" son a cara e a cruz da mesma moeda: Galiza
Por F.Glez.Tenreiro | Narón | 11/03/2011
3.2.- "el conocimiento y el uso de otras lenguas es beneficioso para la salud mental, retrasando la aparición del alzheimer" na entrada:
4.- Estratexias reintegracionistas: