Fecha de publicación: 19-ago-2010 10:36:06
Por qué non se recupera?
é un proxecto dinamizador que tende unha ponte entre a comunidade escolar e a lingua galega a través da rede, achegando as potencialidades educativas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas que é cada día máis necesario termos unha voz galega e en galego.
Ciberlingua é froito da suma de esforzos e vontades de varios concellos e asociacións e ten vocación de medre: das cinco localidades onde se realizou a primeira edición (2001-2002), esténdese no curso 2003-2004 a catorce puntos da nosa xeografía e á participación de trece entidades.
A mesma liña de crecemento tamén se traduce na variedade de propostas de actividades e contidos que ano a ano van contribuíndo a formar unha masa crítica de usuarios/as da rede en galego.