Seguridade

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

(...)

INTECO

25/02/2011

A Web 2.0 é un novo modelo de comunicación na Rede que pon ao dispor dos usuarios unha serie de ferramentas e plataformas (redes sociais, foros, wikis, etc.) para que estes creen e/ou compartan contidos. A súa funcionalidade, dinamicidade e facilidade de uso fan que estas ferramentas se teñan incorporado rapidamente ao estilo de vida actual, sumándose ás formas de comunicación tradicionais.

A Guía de introdución á Web 2.0: aspectos de seguridade e privacidade nas plataformas colaborativas describe as principais plataformas colaborativas e o seu papel nas relacións sociais, educativas ou profesionais.

O documento incide nos principais riscos presentes neste modelo de comunicación e as súas particularidades de funcionamento e expansión. Como contrapartida, proporciónanse as claves para actuar neste medio seguindo unhas pautas de privacidade e seguridade, distinguindo os diferentes papeis que pode adoptar un actor na Web 2.0.