Fecha de publicación: 19-sep-2010 1:38:36
Os premios, de ámbito iberoamericano e únicos de carácter literario que levan o nome de Rosalía de Castro, foron instituídos polo PEN de Galicia en 1996, sendo presidente Carlos Casares, e están destinados a enaltecer, desde a literatura galega, os sistemas literarios veciños.
Os homenaxeados nesta edición, elixidos o pasado mes de febreiro, son catro creadores vencellados dun xeito especial á cultura galega: o brasileiro Lêdo Ivo, a vasca Itxaro Borda, o catalán Francesc Parcerisas e o español Antonio Gamoneda. Así, os galardóns decántanse este ano polo xénero poético.