200 anos de xornalismo en galego
LV De Luns a Venres
Nun panorama cada vez máis cru para os medios, hai quen resiste, e ademais achegando información en galego, cousa que nos tempos que corren semella dobremente complexa. Falamos de LV De Luns a Venres, que cumpriu este 21 de decembro cinco anos de vida na rúa (e nunca mellor dito, porque sae ao paso dos viandantes), achegándonos unha publicación de balde e en galego, cousa moi de agradecer. O xornal conmemorou este importante feito con varias cousas relacionadas coa Rede.
Por unha banda, permitíndolles aos lectores de todo o mundo a descarga do número especial do quinto aniversario de LV e, pola outra, achegándolles un redobrado esforzo por tomarlle o pulso á actualidade a través da súa páxina web, fusionada coa plataforma dixital Galiciaé.
Por certo que logo destes cinco anos de vida do xornal, LV foi quen de conseguir as seguintes cifras recentes: 60.000 visitas mensuais e unhas 5.000 a través das dúas principais redes sociais, Facebook e Twitter.
Segundo se conta en El Progreso, de Galiciaé, “os datos de OJD -–PGD no caso da prensa gratuíta–- sitúan o gratuíto galego como o terceiro en difusión de Galicia -–32.906 exemplares de media–- e entre os trinta primeiros de España”. A estes lectores, engade El Progreso, “súmanse ademais 5.400 subscritores a través de internet, que descargan a diario o xornal en PDF en Galicia e noutros puntos de España e do mundo”.
Fonte: Código Cero xoves 22 de decembro do 2011
Praza Pública
Ataques na prensa
Subterfuxios para acabar coa lingua
(artigo de Alba Nogueira)
Como o verdadeiro obxectivo é consultar sobre a desaparición do galego das escolas e non ampliar a participación, as familias (individualmente ou a través das ANPAS) non poderán promover as súas propias consultas. Só a decisión unilateral da Consellería pode decidir consultar, sobre que cuestións e o valor que lle vai dar ás consultas realizadas.
Marcos Abalde, premio de Artigos Normalizadores
Redacción . Marcos Abalde gañou o Premio de Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello de Carballo co texto ‘Empoderármonos’, que traza un paralelismo entre a violencia simbólica contra as mulleres e contra a lingua. Diego Giráldez foi finalista por un traballo sobre a difícil situación da prensa en galego.
ANT 03.05.2011
O TSXG admite a trámite outro recurso contra o decreto do plurilingüismo
É a segunda vez que o TSXG admite a trámite un recurso contra o decreto do Goberno de Feijóo por vulnerar a Lei de Normalización Lingüística.
Primeiro foi o recurso da Mesa pola Normalización Lingüística e agora é o do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG). O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de admitir a trámite as alegacións presentadas por este sindicato contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.
"O texto afonda na falta de competencia lingüística do alumnado ao tratar igual ao que é desigual, obviando a necesaria discriminación positiva para o idioma galego", sinala o STEG nun comunicado ao referirse a lei aprobada polo Goberno galego.
Así, denuncia que este decreto foi aprobado "en contra de todos os axentes sociais" e "vulnera" o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
Lei de Convivencia e Participación
Por outra banda, o Parlamento aprobou hoxe, cos votos a favor do PP, a tramitación da Lei de Convivencia e Participación, que permitirá realizar enquisas aos pais para consultar a lingua en que queren escolarizar os seus fillos e regulará a autoridade do profesor.
A pesares de que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, destacou que "hai tempo para enriquecer o texto", o certo é que os grupos da oposición criticaron duramente unha norma que calificaron de "impositiva".
"Legalizar" as consultas
Así, denunciaron que a lei tenta "legalizar" as consultas aos pais sobre a lingua en que queren escolarizar aos seus fillos, mentres que para o PP pretende limitar o "dereito constitucional" a que os pais participen.
O conselleiro destacou, ademais, que a lei regulará o acoso escolar e daralle máis importancia ao papel do profesor. Con todo, este proxecto de lei contou co rexeitamento do Consello Escolar, o máximo órgano de representación da comunidade educativa".
http://galiciaconfidencial.com/nova/7690.html
Léxico galego-luso-brasileiro
O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) colabora con investigadores portugueses e brasileiros para crear un tesouro léxico que permita obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais do galego, portugués europeo e portugués de Brasil.
A finalidade, segundo informou a USC nun comunicado, é crear unha gran base de datos, de acceso libre a través en internet, con toda a información lexicográfica organizada por lemas, variantes e campos semánticos.
Ademais, esta base permitirá coñecer o significado das formas, as variantes fonéticas e morfolóxicas existentes nos tres territorios e todos os lemas rexistrados para expresar un concepto.
En galego, por deferencia
Iago Martínez Galicia Confidencial (16/04/2011)
Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o nome das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor.
Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xornalista. Abriu dun xeito semellante a isto:
“Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en castelán. As linguas están para comunicarnos”.
Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer nun galego supostamente tan bo.
A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou:
“Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en francés. As linguas están para comunicarnos” [Nesa sala non había francés ningún].
A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora.
Navegar en galego
Mércores, 23 Marzo 2011 18:42
A pesar de que poidas ter unha versión traducida ao galego do teu navegador, isto non implica necesariamente que estea configurado para navegar na nosa lingua. Tanto o máis importante que o propio menú é a lingua en que está configurado para navegar a través da rede: sen o saberes, estás a dar a coñecer a túa prefencia lingüística aos xestores de contidos.
Navegar en galego é importante por varios motivos:
Xa sabes porque; agora que o navegador fale por ti!
O galego nas TIC a debate en Correo TV vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
O galego nas TIC a debate en Correo TV
vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia de Marcus Fernández el 24/03/11 (noticia + vídeo)
La Opinión con tradutor
REDACIÓN DIXITAL | A CORUÑA A edición dixital de LA OPINIÓN xa fala galego. Coa intención de responder a unha demanda cada vez máis frecuente dos lectores e usuarios de internet, a páxina web laopinioncoruna.es ofrece, a partir desta semana, todos os contidos do xornal en lingua galega.
A través dun só clic nun botón -situado na cabeceira da web, ao carón da data-, poderase visualizar a portada completamente en galego e navegar polas diferentes seccións sen cambiar de idioma. O novo servizo de tradución automática permite obter a última información e a máis próxima en castelán e en galego indistintamente, ao gusto do lector.
Unha enquisa publicada esta mesma semana na edición dixital de LA OPINIÓN amosa que unha ampla maioría de internautas prefiren ler os textos en galego en vez de en castelán. En concreto, o 68% dos lectores que votaron ata o momento na enquisa opta polo galego, fronte a 31% dos lectores, que prefire o castelán. O 1% restante condiciona o tipo de contido a elixir un idioma ou outro.
Os lectores habituais de laopinioncoruna.es van máis alá e manifestan abertamente a súa opinión a través dos comentarios publicados na web. A maioría considera unha mellora o novo sistema de tradución automática e solicita máis contidos en lingua galega, aínda que tamén defende un incremento de contidos orixinais en galego. "Gustaríame que fose en galego, pero non de tradutor automático", opina Manu, un dos habituais da comunidade de internautas de laopinioncoruna.es.
O novo tradutor automático de La OPINIÓN busca, ademais de atender o crecente interese dos lectores pola información en galego, avanzar un paso máis na normalización do galego nos medios de comunicación.
Toponimia
Serán un total de 40 ayuntamientos de Galicia los que se verán beneficiados con la iniciativa. Así, en la provincia de La Coruña se ofertarán frecuencias en los municipios de Arzúa, Roble, Cariño, Cee, Coruña, Ferrol, Muros, Órdenes, Santiago y Vimianzo. En la provincia de Lugo, en Becerreá, Mordisco, Fonsagrada, Desfiladero, Lugo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Cuevas de Rey, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba y Vivero.
En lo que respecta a la provincia de Ourense, los ayuntamientos que dispondrán de frecuencias serán el de Allariz, Avión, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Lobios, Ourense, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo y Xinzo de Limia. Por último, en Pontevedra, se ofertarán en Arbo, Carretera, Lalín, Pontevedra, Tui y Vilagarcía de Arousa.
Ver corrixido e con nota de desculpa:
La Xunta anuncia la concesión de 84 licencias de FM
monolingüismo?
21/02/2011
Entidades cívicas de las cinco autonomías con cooficialidad lingüística -Galicia, País Vasco, Cataluña, Baleares y Comunidad Valenciana-, coincidiendo con la celebración hoy del Día Internacional de la Lengua Materna, reclaman el amparo de los poderes del Estado, para que se garanticen los derechos lingüísticos de todos los ciudadanos. En una nota, Galicia Bilingüe, la Asociación por la Tolerancia de Cataluña, Fundación Círculo Balear, Plataforma por la Libertad de elección lingüística del País Vasco y la Plataforma Valenciana por la Libertad Lingüística defienden el derecho a la enseñanza en lengua materna.
Denuncian que en las comunidades autónomas a las que pertenecen "se está vulnerando sistemáticamente el derecho de los niños a recibir la enseñanza en lengua materna,". En este sentido, estas entidades aseguran que los procesos de inmersión lingüística "son contrarios a la filosofía de la Unesco". (La Opinión)
El PP defiende que la Ley de Derechos y Deberes de las Fuerzas Armadas vele por que no se imponga la escolarización en catalán, gallego o vasco a los hijos de los militares que sean destinados a comunidades autónomas donde estas lenguas sean cooficiales.
El grupo popular en el Congreso presentó una enmienda a este proyecto de ley en el que se recoge esta petición y otras acciones de apoyo a los profesionales de las Fuerzas Armadas que tienen que hacer frente a traslados durante su carrera profesional.
El PP registró 40 enmiendas y para llevarlas a cabo, pide al Gobierno que promueva la firma de convenios con comunidades y ayuntamientos en materias como educación, sanidad y vivienda.
Hay intuiciones que, con el tiempo, avalan los hallazgos científicos, aunque bien es cierto que hay hallazgos científicos que, como noticia llegada de la mano de algunos periodistas, deben ser recibidos siempre con la mayor de las precauciones, no sea que luego algún amigo del mismo campo científico del hallazgo se nos ría en nuestras propias e inocentes narices.
La idea de que el rechazo a las restantes lenguas españolas que se hablan en este país de países, el galego, el catalán y el euskera, supone no solo una posición política -la propia de esos del “háblame en cristiano”, que viene a ser el anterior “use la lengua del imperio”- sino, como indicaba en el pasado agosto un finlandés de la minoría sueca, el fruto de la pereza mental, del anquilosamiento que bien podría conducirnos al alzheimer.
Basándose en un estudio del profesor universitario valenciano Miguel Martínez López, el eurofuncionario finlandés señaló -predicando con el ejemplo, ya que habla diez idiomas- que el conocimiento y el uso de otras lenguas es beneficioso para la salud mental, retrasando la aparición del alzheimer, por ejemplo, por lo que hizo un alegato a favor de la diversidad lingüística en la UE. Para os que somos aficionados a falar outras linguas, tan españolas por certo como o castelán, é unha noticia moi ilusionante e que énchenos de ledicia. (continuar)
Cursos de galego on line
luns 14 de febreiro do 2011, por Raquel Noya | |
Malia que resulta paradóxico que o persoal da nosa Administración precise clases de galego, o certo é que unha parte dos nosos funcionarios non sabe falar a nosa língua nai (cousa que non é de estrañar polas características das antigas probas para acceder ao posto de traballo). Para arranxar isto e reforzar a capacitación lingüística do persoal da Administración galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), vén de convocar unha serie de cursos de linguaxe administrativa galega que, por primeira vez, inclúen versión online.
Todos os cursos terán unha duración de 75 horas e, na modalidade de teleformación, o alumnado deberá superar unha proba escrita e outra oral finais, de carácter presencial, que terán lugar nas dependencias da EGAP. O número de prazas por curso será de 30, tanto para a modalidade presencial como para a modalidade de teleformación e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 deste mes.
A formación en liña constitúe “unha aposta decidida do departamento que dirixe Anxo Lorenzo para darlle facilidades ao amplo sector da poboación adulta que desexa adquirir ou mellorar a súa competencia en galego”. Esta modalidade pretende aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías para marior comodidade dos usuarios e usuarias e Política Lingüística xa a viña empregando dende o pasado ano cando decidiu implantar o sistema de formación virtual para os cursos do Celga 1.
Segundo engadiu o persoal responsable da Secretaría, con este sistema “búscase aproveitar as vantaxes das tecnoloxías para acadar fórmulas didácticas innovadoras que garantan resultados formativos satisfactorios e adaptados ás novas necesidades da sociedade”.
Cartafol
Neste mes de febreiro naceu a revista Cartafol, un semanario en galego sobre o ensino que ten como un dos seus temas principais a normalización lingüística Cartafol é un novo semanario sobre o ensino galego que ten como base temática a educación en Galiza. Os temas principais que trata son a normalización lingüística, novas da Consellaría de Educación e dos sindicatos do ensino, protestas dos centros, ofertas de cursos, etc.
Xunta de Galicia. Modelo negativo
Na Universidade de Bremen (Alemaña) acaba de presentarse unha tese de licenciatura que analiza os efectos das medidas lexislativas tomadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo sobre o galego. A tese, un "estudo empírico" supervisado po Klaus Zimmermann, asínaa Zuzana Pesselova e leva por título Auswirkungen der neueren galicischen Sprachpolitik im Kontext des galicischen Weltbildes ("As consecuencias da política lingüística galega recente nun contexto do mundo galego).
Somos Galego
A ignorancia é tan ousada...
Exemplo: Gloria Lago
La dirigente de la plataforma ha enviado una carta al presidente de la RAE para cuestionar sus declaraciones sobre la oficialidad de Lleida, Girona o A Coruña
Ver texto da carta en Xornal
Pilar García Negro é a presidenta da Federación Galiza Cultura que ten coma fin elaborar “proxectos culturais nacionais” e rachar coa actual división provincial na concepción cultural.
http://www.converxencia.org/2010/11/medios-escritos-en-galego-habelos_20.html
NóComun
Pretende ser un espazo de colaboración que desenvolva proxectos propios e ofreza solucións creativas a clientes do sector cultural.
Nace Sermos Galiza
150 anos de normalización lingüística
Artigo en Terra e tempo con motivo do 150 aniversario dos Xogos Florais