Conectando mundos é un espazo alternativo para a participación e o intercambio entre alumnos e alumnas de 6 a 17 anos de diferentes realidades xeográficas, culturais, económicas e sociais.
Obxectivos xerais de Conectando mundos
Favorecer o diálogo intercultural entre mozos e mozas de ambientes sociais e xeográficos diferentes.
Facilitar un espazo de traballo cooperativo efectivo a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que posibilite o coñecemento mutuo, permita compartir realidades diversas e descubrir problemas comúns, baseándose no lema "pensa globalmente, actúa localmente".
A partir da reflexión sobre o contorno próximo e o coñecemento sobre a realidade do resto dos e das participantes, tomar conciencia sobre as causas que provocan que unha maioría da poboación mundial non poida satisfacer as necesidades básicas e careza de oportunidades e dereitos, e elaborar conxuntamente unha proposta-compromiso para mudar esta realidade.