As siglas
Aínda que a tradución literal é sindicación realmente simple, non deixa de ser un anglicismo innecesario; o correcto en galego sería subscrición rápida ou automática, mediante un tipo de programa informático denominado agregador.
A orixe da expresión inglesa vén de syndicates, unha especie de axencias que se dedican á venda de artigos, fotografías e outros materiais a distintos medios de comunicación para a súa publicación simultánea. A forma syndication viría indicar o contrato ou acordo entre os syndicates e os medios de comunicación para a redifusión ou distribución da información (visto desde o punto de vista de quen produce) e tamén subscrición ou abonamento (visto desde o punto de vista de quen a vai publicar).
en galego
FeedDemon Hai que descargar a aplicación, pero é de balde; posibilidade de configurar idioma galego na carpeta FDLANG (Galician.fdlang)
Información tomada de Un idioma preciso de Xusto A. Rodríguez Río, Editora 2.0, Santiago de Compostela, 2009
Para sabelo todo deste tipo de subscrición ir a RSS
Compatible con Google Reader
...................................................................................
Em portugês