*****************
Consellería de Educación
Novo espazo web de Innovación Educativa
(29/04/2011)
***********************************************************************
O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).
Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.
Ao mesmo tempo, tentaremos publicar os artigos máis salientábeis que, sobre o galego, aparezan na prensa tradicional e nos novos medios.
Na actualidade, este blogue está en fase de construción, polo que é posíbel que non atopes o que andas a procurar. Con todo, se desexas publicar ou informar acerca dun material, podes contactar comigo.
Agardo que esta páxina poida servirche de algo.
O informe Letras galegas e Internet, un salto adiante recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.
Esta xornada informativa foi organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.
Contidos do informe
1. Lingua e tecnoloxía no 17 de maio, unha data con dobre valor
2. Unha xornada para visibilizar a oferta existente
3. Proxección do galego nas TIC: un futuro alentador e complexo
> Descarga o documento completo
audio vídeo ( + de 190' )
ABALAR