Atrancos

(Fragmento da Carta aberta ao Alcalde da Coruña)

Gustaríanos saber que criterios se usaron para esta exclusión, xa que non temos nada claro que ningunha das entidades que manteñen o convenio faga máis actividades culturais nin máis variadas ca nós. Ademais parécenos estraño que nun orzamento de 200 millóns de euros como o do Concello da Coruña non haxa lugar para un convenio de menos de 6000 € como o que viñamos mantendo.

Cómpre ter en conta que unha das escusas para este reparto de cartos públicos é a promoción do galego. Radiofusión, a marca da emisión en cadea de EMUGA, emite todo en galego e non leva un peso. Outras emisoras privadas que só utilizan a lingua propia nos informativos cando entrevistan a un galegofalante levan máis de 45.000 euros de subvención.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destinou máis de 225.000 euros desde 2009 para impulsar o galego. Sen embargo, só un medio escrito integramente en galego recibiu estas axudas que se repartiron entre os grandes medios de comunicación.

Casar en galego. Que complicado!

http://www.youtube.com/watch?v=swwLBBJL8nE&feature=related

A única norma taxativa que fala dos dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos nas notarías data de... 1944!

O Decretazo:

Educación advirte aos 47 centros que mantiñan este programa pedagóxico que non poderán continuar con el

Na Mesa Sectorial celebrada o pasado 28 de abril, o Director Xeral de Educación trasladou que a orde de creación de Centros Plurilingües que hai menos dun ano que se puxo en marcha experimentalmente, convértese en permanente e definitiva con moi poucos cambios.

"Debido á política de inanición practicada pola Xunta de Galiza, case todos os medios de comunicación citados polo relatorio elaborado polo Estado xa non existen. É o caso do semanario A Nosa Terra, que deixou de editarse (a Xunta deuse de baixa de todas as subscricións desta publicación, que tiña máis de cen anos de historia), do diario Galicia Hoxe (agora mesmo non hai ningún xornal en galego á venda), do periódico A Peneira ou dos xornais electrónicos Vieiros e GzNación". Queremos Galego tamén critica o escaso uso da lingua propia nas emisoras privadas. Malia que a concesión da Xunta as obriga a emitir un 50% da produción propio no idioma do país, a plataforma asegura que "non se fixo nada para que existan unha radio e televisión privadas que emitan con normalidade en galego para o conxunto de Galiza".

Versión oficial /versión real

1.- O galego participa na IV Conferencia Internacional de ALTE, referente europeo na avaliación do coñecemento de linguas

1.-05.07.2011 A Mesa e a plataforma 'Queremos Galego' presentaranlle un informe do estado "lamentable" da nosa lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística informará no evento sobre as liñas nas que está a traballar a Xunta de Galicia para actualizar o sistema Celga

http://www.edu.xunta.es/web/node/2897

2.- A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Asociacións galegas denuncian "pasos atrás gravísimos" no cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais

A Xunta informa das medidas emprendidas durante o Goberno bipartito e asegura que "se está a cumprir" dende 2009

O conselleiro de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística reuníronse esta tarde en Madrid co Comité de Expertos da Carta

Xesús Vázquez e Anxo Lorenzo responderon as cuestións formuladas polo organismo europeo acerca do terceiro informe de España sobre o cumprimento da Carta, que abrangue o período 2006-2008

3.-

"O presidente d’A Mesa e voceiro de Queremos Galego destaca a “sorpresa” dos expertos ante a documentación que achegou para argumentar o “incumprimento” por parte da Xunta da Celrm. A sorpresa, segundo os consultados, era obvia logo de que comprobasen que todos aqueles elementos que o comité destacou como positivos no seu último informe –as galescolas, os programas de inmersión ou o decreto de 2007– “xa non existían”. “Decatáronse de que os aspectos que consideraban óptimos hai uns anos foron eliminados, polo que terían que refacelo todo

http://www.xornal.com/artigo/2011/07/07/politica/expertos-europeos-comproban-deriva-do-galego-co-pp-na-xunta/2011070700301400838.html

O Goberno autonómico tamén avanzou as principais iniciativas postas en marcha pola Xunta desde o ano 2009 para promover o uso do galego

http://www.edu.xunta.es/web/node/2893