Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante.
Eis a relación e os seus enlaces:
- Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde.
- Héctor Carré, gañador do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por Febre.
- Anxo Fariña, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil por A chave da Atlántida.
- María Xosé Queizán, mantedora literaria dos Premios Xerais 2011.
- O Leo, músico dos Premios Xerais 2011.
- Fran Alonso, secretario do Premio Xerais de Novela.
- Pemón Bouzas, membro do xurado do Premio Xerais de Novela.
- Andrea Ramos, membro do xurado do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
- Antonio Reigosa, membro do xurado do Premio Merlínd e Literatura Infantil.
- Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo.
- Cid Cabido, escritor.
- An Alfaya, escritora.
- Carlos Callón, escritor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
- Carlos Negro, escritor.