De pago / de balde?
Cal nos convén?
Consulta:
O mellor de 2011, segundo OnSoftware Blog:
para emerxencias
http://www.genbeta.com/seguridad/microsoft-safety-scanner-un-antivirus-portable-para-emergencias
O mellor antivirus
Dentro do especial O mellor de 2011?, chegou o momento de avaliar os programas de antivirus gratuítos. Eliximos sete produtos bastante populares entre os usuarios. De case todos falamos xa con distinta intensidade, ben en artigos determinados, ben noutro especial dedicado a este tipo de software.
Os antivirus sempre desatan paixóns. Por unha banda, están os usuarios que prefiren prescindir deles por penalizar o rendemento do sistema, baseando a súa seguridade na prudencia. Para outros son imprescindibles.
Repasando os participantes, en primeiro lugar temos Microsoft Security Essentials (MSE), lanzado pola compañía en 2009 para Windows XP, Vista e Windows 7. Require unha copia legal do sistema operativo. A continuación Panda Cloud Antivirus, un software español de prestixio internacional.
O seguinte na lista é Avast! un produto checo que tamén está dispoñible para Mac VOS X. Séguelle Avira, cuxa última versión 2012, presentouse en outubro. AVG Anti-virus Free Edition é o seguinte candidato, orientado tamén á protección de redes sociais.
Clam Antivirus é o único candidato con licenza GPL e o que máis sistemas operativos soporta (Windows, Mac, Linux, FreeBSD e Unix). Pecha a lista FortiClient, que ademais de funcións antivirus, incorpora firewall e xestor de VPN.
Feitas as presentacións, é a vosa quenda para elixir o mellor produto nesta categoría en 2011. As votacións pecharanse ás 23 h 45 m do 31 de decembro (horario español). Os resultados de cada categoría coñeceranse nos primeiros días do próximo ano.
Podes deixar o teu voto antes das uvas en Genbeta