(Tomado, ao pé da letra, dun dos blogs máis recomendables para educación e tecnoloxía):
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=3477
O luns escoitei no instituto “O software libre é software gratuíto”. Supoño que haberá moita xente que pense isto, xa que en inglés free significa tanto libre como gratis, pero é unha incorrección. Tanto pode haber software libre que se distribúa cobrando certa cantidade de cartos como software privativo que sexa gratis, así que non debemos relacionar directamente libre con gratis.
O software libre refírese á liberdade dos usuarios e usuarias para executar, copiar, distribuír, estudar e modificar o software, e distribuílo modificado. É dicir, é unha cuestión de liberdade, e non de prezo.
·
1. Podemos utilizar o software con calquera propósito
Por exemplo, hai software que permite o seu uso gratuíto sempre e cando sexa para uso persoal, pero non permite a súa utilización sen licenza nunha empresa con fins comerciais. Este software xa non sería libre, pois xa non cumpriría a primeira condición.
2. Acceso ao código fonte para estudar como funciona o programa e/ou para adaptalo ás nosas necesidades.
Podemos atoparnos con software que podemos descargar de xeito gratuíto e utilizalo para o que desexemos, pero se non podemos acceder ao código xa non se trataría de software libre, pois incumpriría a segunda condición.
3.Liberdade para distribuír copias.
Circulan por alí e por alá miles de copias de programas que nos pasamos entre nós, moitas conseguidas de internet. Pero que esteades acostumados a facer iso non significa que teñades a liberdade de facelo. O software privativo non o permite, e sería un acto ilegal, pero o software libre si, vas ter a liberdade de distribuír os programas a quen queiras, cando queiras e como queiras. Non só non te poden dicir nada por facelo, senón que invítase a que o fagas, e incluso poderías distribuílo cobrando unha pequena tarifa, polo que non ten por que ser necesariamente gratuíto.
4.Liberdade para mellorar o programa e facer públicas as melloras en beneficio da comunidade.
Isto está relacionado co dito anteriormente, pois necesitamos acceder ao código e ter liberdade para modificalo e distribuílo. Aquí o importante é o beneficio para a comunidade. Calquera persoa con coñecementos suficientes pode contribuír a que a sociedade dispoña de produtos de software libre cada vez mellores.
·
Software de código aberto: Soe utilizarse esta expresión para referirse ao software libre, xa que o código fonte é accesible. Porén, pode haber diferenzas en canto as licenzas utilizadas para a súa distribución. As diferenzas entre software libre e de código aberto teñen máis que ver coa filosofía que coa práctica.
Software privativo ou propietario: O seu uso, redistribución ou modificación requiren dunha autorización, ou o código non está dispoñible.
Freeware: É un tipo de software que se distribúe sen custo algún para o seu uso. Soe ser software privativo e non soe ser posible acceder ao código fonte.
Software de dominio público: É o software que non está protexido por dereitos de autor e tódalas persoas teñen dereitos de uso, modificación (no caso de que estea dispoñible o código fonte) e distribución.
Ao non estar protexido por unha licenza copyleft, non cómpre que se distribúan as modificacións baixo a mesma licenza, e polo tanto pode suceder que as obras derivadas se convertan en software privativo.
Software comercial: É aquel desenvolvido por un negocio que pretende obter un beneficio económico da súa utilización. Aínda que a maioría do software comercial é privativo, non son o mesmo, pois pode haber software libre comercial e software privativo non comercial.
Para rematar, tes isto recollino neste mapa conceptual que podes descargar para modificalo:
Esta entrada foi introducida o día 22 Setembro, 2010 ás 19:41 baixo a categoría Tecnoloxías da Información.
Podes deixar un comentario , facer trackback ou tamén podes seguir as respostas a esta entrada a través de RSS 2.0
O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,
Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno.
Era
Este portal web pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
acceder a mancomún