***************************************************************
"facer unha declaración de principios ao elemento máis importante e integrante do patrimonio cultural de Galiza: a lingua galega”
(O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela)
“Aquí cabemos todos os que respectemos a democracia, a liberdade e a identidade galega porque se somos libres, somos demócratas pero se non somos galegos, non somos ninguén”. (Xosé Ramón Barreiro Fernández ao recibir o Premio Trasalba)
Pilar García Negro: O decálogo que a lingua galega necesita
"En algunos de los ambientes en los que me muevo me dijeron: '¡qué pena que esté en gallego!' Lo está porque es el idioma de la tierra, del paisaje de mi infancia y el de mis personajes, incluido uno que es chino. Y además en las actuales circunstancias, es en lo que hay que escribir. Si perdemos el idioma, como decía Manuel Antonio, iríamos quedando 'sós, o mar, a terra e nós". ( en La Voz de Galicia Ánxel Vázquez de la Cruz, autor de Luz de Tebra, a obra de éxito na Feira do Libro da Coruña)
É o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
Entendemos que na globalización para acceder aos contidos é fundamental aprender e innovar, pero tamén temos claro que para vender máis aló das nosas fronteiras o máis difícil no mercado é identificar o produto de cada quen no mercado. E nós temos no galego un valor diferencial e identificativo, un valor en si mesmo que ten unha finalidade no mercado e que moitas veces se perde de vista e non se ten en conta: o galego serve como elemento diferenciador na globalización (Paulo Rodríguez, responsábel de comunicación de Dinahosting) entrevista en ANT
E benditas sexan as festas do grelo, as que tantas veces sacan a relucir despectivamente en titulares eses entorchados políticos de comenencia, pero ben que o comen e comparten nas súas "Grande bouffe". Felipe Senén en "brotes verdes": os grelos