Trasno presenta OpenOffice.org 3.2.1

Fecha de publicación: 20-jun-2010 4:15:33

Xa está dispoñíbel a nova versión da suite ofimática libre e aberta por definición. Permite crear documentos dinámicos, analizar datos, deseñar presentacións atractivas e realizar debuxos espectaculares. OpenOffice.org 3.2.1 foi desenvolvido pola comunidade OpenOffice.org e temos versións estábeis para sistemas Windows, GNU/Linux, Unix, Mac e Solaris.

OpenOffice.org 3.2.1 é o que se chama unha versión micro, xa que non engade funcionalidades novas senón unha corrección de erros e solución de problemas, especialmente de seguridade, sobre a anterior versión 3.2 polo que recomendamos a actualización a todos os seus usuarios. (+ información)