manifesto

Fecha de publicación: 03-sep-2010 23:18:24

Fernando Santamaría recolleu no seu blog un manifesto que apareceu pola web fai poucas semanas. Grazas ao seu traballo, que sempre é moi interesante, podes coñecer mellor ese documento para a aprendizaxe no século XXI, pois ese é o seu nome. As ideas xerais desta proposta para un cambio educativo son as seguintes:

    1. Cultivar a creatividade: pór máis énfase nas habilidades que axudarán aos mozos para progresar e prosperar no século XXI, como o pensamento crítico, a resolución de problemas, a aprendizaxe colaborativa, a adaptabilidade, a iniciativa, a capacidade para acceder e analizar a información, a curiosidade e a imaxinación.
    2. Fomentar a aprendizaxe flexible: organizar a aprendizaxe ao redor de proxectos e estudos a curto prazo. Involucrarse no traballo baseado en proxectos do mundo real, impulsado pola investigación, relevante e rigorosa.
    3. Confiar nos estudantes: fomentar a aprendizaxe en grupo e permitir que os estudantes ensinen uns aos outros. Ofrecer máis alternativas sobre como mostrar o coñecemento e as competencias, probas de aptitude, habilidade, así como da memoria, e incluír os créditos obtidos a través da actividades extra-curriculares.
    4. Fin do ciclo da avaliación de todo-nunha vez: introducir un sistema de avaliación continua e flexible que permita que avaliar o traballo a medida que se vai realizando. Fomentar a auto-avaliación, a avaliación compartida por pares e a avaliación baseada en portfolios.
    5. Adoptar a diversidade. Vivimos nunha sociedade diversa e multicultural. As nosas escolas deberían reflectir este feito nun currículo que teña en conta coñecementos previos, opinións e habilidades diversas.
    6. Promover o respecto mutuo: desenvolver unha cultura de respecto mutuo e aprendizaxe entre o profesor e o estudante. Non é unha tesitura dun contra trinta.
    7. Investir e construír sobre espazos de aprendizaxe físicos: adoptar todo o potencial dos medios de comunicación social, tecnoloxías de xogos, ámbitos virtuais de aprendizaxe e outras plataformas de aprendizaxe alternativas.
    8. Repensar o papel dos profesores: permitir que os profesores actúen como guías en lugar de xuíces dos resultados, facendo que lles sexa máis fácil variar os seus enfoques de acordo ás circunstancias, o tema e as preferencias dos aprendices.
    9. Proba de futuro [Future Prof.]: a tecnoloxía e a cultura están cambiando a un ritmo rápido. Por tanto, necesitamos desenvolver un currículo responsable que permita a profesores e escolas responder con rapidez ao novo coñecemento, a cultura viva e as tecnoloxías emerxentes.
    10. Aula global: vivimos nunha sociedade globalizada. A nosa contorna de aprendizaxe debería reflectir esta situación. Para navegar nun mundo do século XXI necesitamos ser cultos nunha sociedade multicultural, saturada de medios de comunicación e altamente tecnolóxica. Agora podemos facer isto mediante proxectos colaborativos significativos con estudantes de calquera parte do mundo.

Fonte: Contomundi 2.0