ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA
INFORMACIÓN A CENTROS EDUCATIVOS
(fragmneto)
Hoxe en día, o uso que os nenos, adolescentes e mozos fan de Internet non pode deixar indiferentes a pais e educadores, xa que se os beneficios son evidentes tamén son moitas as ameazas ás que están expostos mentres navegan. A mellor forma de os protexer é estar informados e aplicar prácticas de seguridade eficientes.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a través do dominio http://educaciondixital.as-pg.com facilita información de interese sobre o concepto de educación dixital e temáticas vinculadas. É o proxecto e-ducando, un proxecto sen ánimo de lucro, unha iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica galega que pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis novas ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da Sociedade das súas potencialidades e perigos. É un proxecto que se dirixe a toda a sociedade porque toda a sociedade está implicada no proceso educativo e pretende incidir nos aspectos dun cambio necesario que ten que ver máis cos aspectos sociais que cos tecnolóxicos.
Por iso, convidámolo a visitar e-ducando (http://educaciondixital.as-pg.com/) e a participar dándose de alta na web, onde poderá, se o desexar, colaborar ou participar nos cursos que se ofrecen de forma gratuíta.
Tamén o informamos de que xa está funcionando a rede socioeducativa Belvís (http://belvis.as-pg.com/) onde, se quixer, poderá dispor das funcionalidades habituais das redes sociais, só que enfocadas cara os tres elementos que conforman o proceso educativo: profesorado, alumnado e familias.
En nome da AS-PG reciba un saúdo
Xoán Costa