Fecha de publicación: 07-may-2011 23:53:28
O diario web FalaRSE
FalaRSE está concibido coma un diario dixital especializado en información que teña a ver coa responsabilidade social das empresas e o desenvolvemento sustentábel, tanto no sector privado coma no público.
O xornal pódese ler en versión galega e castelá e trata tanto o espazo galego como iniciativas desta área no resto do mundo.
Nestes seus primeiros días de funcionamento, FalaRSE publica un artigo sobre finanzas e responsabilidade social empresarial e entrevistas aos expertos no tema Miguel Bermejo e a Tiziana Domínguez.