Fecha de publicación: 19-sep-2010 1:12:42
O presidente de A Mesa, Carlos Callón, cifrou nuns 6,6 millóns de euros o gasto realizado pola Xunta de Galicia "só en reducir o galego no ensino" e con diñeiro procedente das "arcas públicas".
Así o sinalou durante a conferencia inaugural das Xornadas do Ensino, organizada pola CIG e ÁS-PG e onde o presidente da asociación criticou a "propagandística proposta de pacto pola paz lingüística".
Deste modo, Callón calculou o "malgasto" das medidas da Xunta incluíndo os 40.000 euros do cambio das Galescolas, os 1,2 millóns de euros "que custará a campaña propagandística" do decreto do plurilingüismo e os 5,2 millóns "que custa a destrución dos libros" naquelas materias que cambian de idioma. (ANT)