venres 28 de xaneiro do 2011, por Fernando Sarasqueta
Actuafización 4 de xullo de 2011
actualización 24-6-2011
ver descargas
Segundo nos fan saber MancomúnTrasno, esta semana que estamos a piques de deixar a atrás foi especialmente prolífica na achega de melloras no software libre de uso común ao servizo de labores ofimáticos. Falamos do LibreOffice e o OpenOffice. Dáse a casualidade dupla, ademais, de que as melloras nestes programas materialízanse ao mesmo tempo en cadansúa versión 3.3, e que ámbalas dúas versións (finais e estables) están a ser traducidas á nosa lingua polo mesmo equipo galego de promoción de código aberto, coordinado por Antón Méixome, de Proxecto Trasno. Grazas a isto, infórmase, LibreOffice 3.3 en galego está dispoñible para a súa descarga, mentres que a outra suite ofimática estarao en breve. Para consultar posibles dúbidas sobre esta coincidencia e o moito que nos beneficia como usuarios TIC, cómpre visitar o blog habilitado para dar conta da localización ao galego de ámbalas achegas abertas.
Polo que respecta ao LibreOffice 3.3, dicir que a liberación estable e definitiva desta nova versión foi anunciada o pasado 25 de xaneiro, adiantándose a comunidade open source
· Conseguiuse unha comunidade de desenvolvedores máis independente, autónoma e eficaz.
· Acadouse un código fonte mellor revisado, ao tempo que unha base máis sólida para as melloras e incorporacións que están por vir.
· O programa de instalación de Windows integrouse nunha soa estrutura, reducíndose o tamaño dos sitios de descarga.
Amais do devandito, e das funcionalidades que tamén lle son propias ao OpenOffice (comparten unha boa parte das utilidades), LibreOffice 3.3 tamén achega unha serie de recursos exclusivos, como a posibilidade de importar e operar con ficheiros SVG, o que permite deseñar páxinas de título ou portadas, entre outras cousas. Asemade, incorpora unha ergonomía mellorada en Calc para a xestión de follas e de celas, amais de filtros para a importancia de documentos de Microsoft Works e Lotus Word Pro. Na web da ferramenta
Polo que atinxe a OpenOffice 3.3, dicir que fornece á comunidade de usuarios dunha serie de interesantes novidades, entre as que Mancomún sinala as seguintes:
· Novo tratamento personalizado de propiedades.
· Incorporación de tipos de letra estándar para PDF en documentos PDF.
· Nova tipografía Liberation Narrow.
· Aumento da protección dos documentos no Writer e Calc.
· Díxitos decimais automáticos para o formato "Xeral" no Calc.
· 1 millón de liñas nunha folla de cálculo.
· Novas opcións de importación de CSV no Calc.
· Inserción de obxectos de deseño en gráficas.
· Etiquetas xerárquicas nos eixes nas gráficas, melloras na manipulación do esquema da diapositiva no Impress, unha interface de impresión nova e máis doada de usar, máis opcións para cambiar as maiúsculas e minúsculas, etc... e aos prazos previstos, en medida grazas a un notable medre na cifra de membros da propia comunidade de desenvolvedores, que pasou de 20 a máis de 100. Segundo conta Mancomún, o éxito de LibreOffice 3.3 reflicte os seguintes puntos salientables: podemos ver xa tódalas funcións da nova versión explicadas en detalle.
Unha ollada a unha das funcións que pon en xogo o novo LibreOffice
Open Office en galego (para Linux, Windows e Mac)
DESCARGA desde
que reenvía a http://download.openoffice.org/other.html onde se escolle o idioma
Entre as melloras que incorpora esta nova versión, destacan, en xeral, a mellora nos tempos de arranque, ata un 46% máis rápido que na versión 3.0 e o esforzo por mellorar a interoperabilidade dos formatos e adaptarse e ser o máis fieis posible ao estándar ODF. Neste sentido tamén é salientable o esforzo realizado para mellorar o recoñecemento e compatibilidade cos formatos propietarios de MsOffice XML, sobre todo no relativo a formatos protexidos con contrasinal e a documentos cifrados.
En canto ás melloras de cada un dos aplicativos individuais que conforman esta suite, destacan as seguintes:
Datos do proxecto
Cliente:
Microsoft
Tecnoloxías:
Tecnoloxías lingüísticas
Área:
imaxin|context
Servizo:
Desenvolvemento
Desenvolvemento dun verificador en galego para o novo paquete Office que lanza Microsoft ao mercado este ano, Office 2007.
Este verificador está adaptado ás últimas modificacións ortográficas e morfolóxicas da norma da Real Academia Galega, estando optimizado para fornecer ao usuario a posibilidade de crear textos na nova normativa.
Este verificador estará incluído na nova versión Office 2007 traducida para galego.
Moitas veces os usuarios por descoñecemento, deciden enviar arquivos en formato doc, ou docx, creando dores de cabeza aos destinatarios. Hoxe en día e cada vez máis, a xente pasouse de Microsoft Office a iniciativas libres como Open Office, e a compatibilidade destes arquivos é bastante mala.
Por iso se ténde a exportar este tipo de documentos en PDF, evitándonos así problemas de compatibilidade. Pero aquí xorde un novo, xa que son poucos os visualizadores de PDF que permiten editar os mesmos, e se se trata dun formulario que temos que encher non temos escapatoria.
Hai algúns programas que nos permiten encher formularios en PDF desde o noso computador, pero hoxe preséntovos un online, Fill Any PDF Form. Podemos subir un PDF desde o noso computador e enchelo sen problemas, podendo compartir o formulario en branco con outros usuarios. Para os formularios que requiren unha firma, ten a opción de subir unha imaxe coa nosa e engadila ao PDF. Unha vez acabamos, é posible descargalo cun click ao noso computador. Un gran servizo para encher PDFs en internet, rápido e sen necesidade de instalación.