web da poesía galega

Fecha de publicación: 07-may-2011 23:58:16

Páxina de inicio de poesiagalega.org

A nova web conta cunha base de datos de máis de 200 documentos que se poden descargar. Hai 150 textos, 43 fotografías, oito vídeos e cinco arquivos de son amais de catro libros en formato dixital. A ambición do seu coordinador, Arturo Casas, é lograr ter en liña 1.500 documentos de aquí a decembro do 2012, data que se dá como límite para ter o proxecto totalmente culminado.

Poesiagalega.org pretende ser unha páxina de referencia para os estudosos da literatura e tamén un espazo de apoio ao estudantado de grao medio, que pode completar a súa aprendizaxe sobre a poesía cos recursos da web.

Inicialmente constitúen o GAAP Arturo Casas (coordinador), Iris Cochón, Lorena Domínguez Mallo, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montse Pena, María do Cebreiro Rábade e Iria Sobrino. É posíbel que no futuro se incorporen outros investigadores. O GAAP conta coa participación de seis investigadores externos ao grupo (Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar e Xosé Luís Forneiro), aos que se pode sumar tamén Laura Mariño.

< ANT