Fecha de publicación: 20-jun-2010 2:45:06
A sociedade cooperativa Feiraco é unha empresa galega con máis de 3.800 socios, cunhas actividades que afectan a unhas 35.000 persoas da comarca da Barcala e dos municipios noroccidentais de Galiza. Feiraco conta cuns recursos propios que superan os 100 millóns de euros, dando emprego directo industrial a 250 persoas e é a única empresa que sempre envasa leite galego segundo reza na súa páxina web. Tamén é respectuosa cos clientes utilizando o noso idioma nos produtos que comercializa. Todo isto é motivo de parabéns polo traballo ben feito, parabéns que trasladamos á marca referida.
Mais tamén temos que trasladarlle a nosa preocupación polo seu novo produto, a marca de leite UNICLA, que tanto no envase como na páxina web exclusiva non ofrece opción de lingua galega aos seus visitantes, polo que pensamos que é importante lembrar e animar a Feiraco a continuar coa política de respecto que ata agora viña executando.