Galiza co galego

Blog

Artigo 1.

Coa denominación de “Comisión promotora: Galiza co Galego”, (en siglas GCG) constitúese unha Asociación sen ánimo de lucro, no ámbito do Estado Español (España) con personalidade xurídica propia e plena en capacidade de obrar conforme a lexislación vixente.

(dos Estatutos )

Actualizacións:

O proxecto para ter ensino monolingüe consolidarase nunha asemblea o día 17 (14-5-2011)

Actualización

(18/1/2012)

Nace Galiza co Galego

Estimados/as amigos/as:

O vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 18:30 horas (segunda convocatoria), na Residencia Universitaria Burgo das Nacións, en Compostela, terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as da Comisión Promotora Galiza co Galego. Nela trataremos os temas que figuran na seguinte orde do día

1.- Aprobación da organización da asemblea.

2.- Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

3.- Lectura da reforma de estatutos da Comisión promotora Galiza co Galego

4.- Votación da reforma.

5.- Proclamación da Asociación Galiza co Galego.

6.- Propostas de candidatos/as para a Comisión Reitora de Galiza co Galego.

7.- Votación da Comisión Reitora.

8.- Reconto dos votos e proclamación da Nova Comisión Reitora.

9.- Pausa de quince minutos para que a Comisión Reitora faga a súa organización interna e asine a documentación.

10.- Comunicación da primeira Comisión Reitora, presentación dos cargos de Presidencia, Secretaría e Tesourería.

11.- Solicitude de ratificación dos seus cargos por parte da Comisión Reitora.

12.- Aprobación das cotas económicas dos socios/as.

13.- Suxestións e preguntas

14.- Finalización da asemblea.

A partir de 2012, Galiza co Galego vai desenvolver de feito a Rede de Escolas Populares Infantís, con escolas en toda Galiza; vai crear a Cooperativa de Ensino “Avoaescola” como ferramenta para dar escola, e vai formar o Fondo económico da Escola Popular ao servizo da educación en galego.

Galiza co Galego vai apoiar a viabilidade económica das escolas en galego, vai axudar ás familias para exercer o dereito universal da infancia á educación, vai asegurar unha educación en galego laica, pluralista, democrática, de valores e de calidade.

É doado asociarse e así participar na asemblea, por medio da web de Galiza co Galego www.galizacogalego.com/altagcg ou no seu blogue http://limiargalego.blogspot.com/p/afiliacion-cgg.html.

Grazas polo teu apoio.