A orixe de Linguatic@s

Así empezou, con esta presentación:

Este sitio é unha das actividades relacionadas co Proxecto Linguatic@s (Uso das TIC para promover a lingua galega). Proxecto do I.E.S. A Sardiñeira que recibiu un Premio de Innovación en Normalización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Aquí estamos organizando os recursos e as nosas actividades ao longo do curso 2009/2010. Un traballo colaborativo de toda a comunidade educativa, que pretende seguir activa coma a lingua galega: esforzo e patrimonio de tod@s.

No curso seguinte, a continuidade do proxecto, non conseguiu axuda e o site sobreviviu coa colaboración desinteresada dalgunhas persoas